Concello de Santiago:
O Camiño de Santiago a Fisterra parte desde a Praza do Obradoiro.
Aquí, e tomando como referencia primeiro o kilómetro cero,
que foi colocado no centro da praza para sinalar a conclusión de
todos os itinerarios xacobeos, descendemos pola antiga rúa das Hortas
ata o Campo do Galo. Bordeando o agradable Campus Sur Universitario, a
rúa de San Lourenzo conducenos ata a Carballeira do mesmo nome (fonte
e cruceiro). Nun lateral, é de obrigada visita a igrexa de San Lourenzo
de Transouto, pois custodia no seu interior dous sepulcros e un retablo
italiano do taller italiano dos Aplili (s. XVI), todos eles en mármol.
En frente á fachada, aparece no alto a mole da Residencia "Bosque
da Condesa", en cuio comedor serven un menú moi económico.
Retrocedendo ata a carballeira,
e no sentido que viñamos, seguimos á dereita pola Corredoria
dos Muíños, con firme de cemento, ata a aldea de Ponte Sarela.
A un paso de Compostela, pero xa en plena zona rural, entre ruinas
de moiños e vellas fábricas de curtidos que aproveitaban
a enerxía hidráulica para mover a súa maquinaria,
cruzamos a ponte para continuar, á man esquerda, por unha agradable
senda coincidente có Camiño Real. Por ela, e ainda que en
certos tramos cambiou a traza, ascendemos ata Sarela de Baixo, último
e privilexiado mirador sobre as torres da catedral.
Collendo por un momento a
pista que desde esta aldea conduce a Vidán, enseguida, á
dereita (casa restaurada), sae un "carreiro" que, polo medio do monte,
deixa a aldea de Vidán á esquerda (no baixo, con vistas do
novo Hospital) e, despois dun agradable traxecto entre arbolado, desemboca
na zona residencial de Moas de Abaixo (grandes casas con xardins).
O recorrido, ata o límite
do concello de Santiago, evita a perigosa e concurrida C-543 (Santiago-Noia),
circulando por tramos de camiños de terra e pistas de concentración
parcelaria. Coa compaña dos sinais amarelos cruzaremos os núcleos
de Carballal, Munin e Piñeiro, achegándonos moito á
carretera de Noia en Roxos, donde pasamos xunto á casa do Residente
da Xunta de Galicia.
Por unha pista da parcelaria
salvamos a puente sobre o río de Roxos, afluente do Sor, nunha fermosa
paraxe con área recreativa. Pouco despois, entre campos de cultivo,
rodéase o conxunto rural, ben conservado, de Portela, para alcanzar,
pouco despois, o Alto do Vento (mesón).
Concello de Ames:
Pola citada carretera local,
o chegar á altura dunha marquesiña de autobús entramos,
pola dereita, na aldea de Ventosa, tamén dotada con exemplares notables
da casa tradicional e cun ruinoso, pero solemne, enorme frente de hórreo.
Cruzando a AC-453, un segundo sector deste núcleo (acceso baixo
emparrado), da paso a unha pista de terra que volve a enlazar, o pé
dunha torre de alta tensión, coa carretera.
Chegados á fértil
veiga de Covas, donde a concentración parcelaria alterou o trazado
viario, unha recta une Lombao e Augapesada (na zona hai algúns mesóns
para comer). Arredor da pequena ponte medieval de Augapesada, que acaba
de ser restaurada pola Xunta, descubriremos unha zona habilitada para o
descanso.
Desde a ponte de Augapesada
foi enlosado o tramo do Camiño Real, coñecido como O Rueiro,
que morre na pista que conduce a Bertamiráns. Desde este punto,
e frente a un bar, unha estreita carretera local señalizada parte,
á man dereita, hacia Trasmonte. Ainda que detras de Castiñeiro
do Lobo (campo de fútbol) se conservan algúns tramos de terra
pertencentes á antiga vereda dos peregrinos, polo momento é
aconsellable pisar o asfalto ata o Alto do Mar de Ovellas.
A costa, moi longa e bastante
dura, remata nunha fonte.
O noso acceso á comarca
da Barcala comeza cun suave descenso ata o val do Tambre. Pasamos, primeiro,
pola aldea de Susavilla de Carballo, donde existe unha cruz en recordo
dun tal Liborio dos Santos, veciño de Fisterra que morreu aquí
de camiño. A continuación, en Trasmonte, vemos un notable
cruceiro (imaxe de Santiago) e o sólido templo parroquial de Santa
María, con boa torre barroca; no mesmo camiño hai dous bares
que dan comidas. Antes de chegar ó río ainda atravesamos
o lugar de Burgueiros, formado por un par de boas casas de pedra, para
á sombra do arbolado autóctono, alcanzar por fin o río
Tambre no fermoso núcleo histórico de Pontemaceira,composto
por dous sectores agrupados a ambos lados da soberbia ponte medieval (s.
XIV).
Concello de Negreira:
Cruzando a ponte, que nada ten que envidiar ós máis significados
do Camiño Francés, na beira oposta contemplamos un armónico
conxunto formado por un moderno pazo neomedieval, algúns muíños,
a capela de San Brais, varias casas (unha blasonada), hórreos, palomares
e un cruceiro.
Á saída de
Pontemaceira, unha pista, que segue á beira do río, convertense
en senda, cruza un bosqueciño, e pasa baixo un dos arcos da Ponte
Maceira Nova (s. XIX); despois, desemboca nunha recta da carretera a Negreira
(AC-450) e aproveita un tramo do vello trazado desta en Barca. Deixando
atrás dita aldea, cuio topónimo evoca unha das barquerías
que houbo no Tambre, cruzamos a nova carretera xeral para subir, pola esquerda
e tomando como referencia o monte ocupado polo castro de Logrosa, ata Chancela.
A man esquerda, unha cousa particular posee un vello cruceiro.
Xusto diante da entrada ó
ben cuidado pazo de Chancela (finca con xardins e árbores centenarios),
seguimos en líña recta, pola vaguada de Albariña,
ata introducirnos na moderna vila de Negreira.
En Negreira, o camiño
segue pola rúa de San Mauro, ó final da cal discurre baixo
o pasadizo que comunica o pazo do Cotón coa capela de San Amaro;
xunto ó pazo queda o Campo da Feira (mercado todos os domingos)
e preto estará pronto costruido o albergue de peregrinos.
Despois de aproveitar a estancia
en Negreira para aprovisionarnos de todo o necesario (ata Cée xa
non contaremos con máis entidades relevantes de población),
despois de salvar o río Barcala por unha pequena ponte de pedra,
é aconsellable subir ata a parroquial de San Xulián (cruceiro)
para, ó pé do alto da Cruz, seguir o Camiño Real ata
o depósito de augas de Negreira.
Despois de seguir case un
kilómetro pola carretera ó Marco Cornado, desviámonos
á dereita para atravesar a aldea de Zas, con capela e cruceiro,
a partir da cal comeza un dos sectores máis interesantes do itinerario,
con sendeiros e veredas de terra sempre envoltas pola vexetación.
Atentos ás sinais, atravesaremos o monte Campelo, a aldea de Rapote
e os bonitos rincóns do lugar de Santo Mariño (prados, penedos),
ata alcanzar A Pena.
Na Pena está a igrexa
de San Mamede, que forma un notable conxunto coa rectoral e un cruceiro
próximo (zona idónea para o repouso). A 50m., na carretera,
hai un bar.
Agora por pistas alfaltadas,
desde Pixxe chegase á carretera e o lugar de Cornevo, cun tramo
de terra (camiño de 1.000m. de lonxitude que parte á dereita),
que nos devolve á carretera preto do altiño do Cotón.
Cando o val da Barcala remata,
por un alto e pelado terreo de transición dirixímonos a Vilaserío.
Desde Vilarerío regrésase
enseguida á carretera. Para evitar o asfalto, a Asociación
de Amigos do Camiño señalizou unha variante que, o chegar
á aldea de Cornado (dereita.), situada ó pé dun castro,
métese entre as casas e xira á esquerda para seguir unha
pista forestal que chega o Marco Cornado.
Tomando á dereita
pola carretera de Borbeira (longa recta), de novo colleremos, ós
250m., unha pista de terra á esquerda que penetra 1km. no concello
de Sta. Comba. Por ela, xirando primeiro á esquerda e despois á
dereita, entraremos no concello de Mazaricos.
Concello de Mazaricos:
Por este camiño, (marco
de pedra), e unha vez salvado o río de Maroñas, en vez de
acceder ó núcleo de Maroñas podemos tomar a pista,
tamén de terra, que entre prados conduce a Santa Mariña.
Desde esta aldea, que acolle a parroquial de Maroñas (románica),
accederemos á carretera AC-403 (de Pino de Val a Santa Comba). Precisamente
en Pino de Val, 6,5 km. ó sur, existen varias pensións,
pero aquí, no lugar de A Mola, tan só dispoñemos de
sendas casas de comidas.
Situados en A Mola
e camiño de Pino de Val, ós 300 metros collemos, á
man dereita, a pista señalizada o Bon Xesús. Nesta desanxelada
aldea, que ven precedida dun cruceiro singular, houbo noutro tempo unha
capela con hospital de peregrinos. Case pegado a Bon Xesús atópase
o núcleo de Gueima; aquí, a nosa marcha cambia o seu rumbo
á esquerda para enfilar o caserío de Vilar do Castro e iniciando,
agora de novo hacia a dereita e seguidamente á esquerda, o ascenso
ó monte Aro.A medida que subimos o monte, disfrutamos dunha panorámica
cada vez máis amplia sobre a gandeira terra de Xallas, toda ela
tapizada de verdes prados e salpicada con pequenas masas arboradas. Contemplamos,
en primeiro lugar, ó gran embalse de Fervenza, todo un mar interior;
máis alá aparece Santa Comba, a capital da comarca; por fin,
algúns afirman que desde o cumio do monte poden verse as torres
da catedral de Santiago.
Entre o monte Aro e o monte
Vello, a senda que seguimos atravesa un castro (defensas cubertas de toxos),
á dereita baixa unha pista recta a cuia esquerda, (zona de canteiros)
baixamos á aldea de Lago. Desde aquí, unha pista continúa
hacia o casal de Porteliñas, que ten un bar, y segue a Quintáns
e A Picota (capital do municipio de Mazaricos), pero nós debemos
desviarnos á dereita, por entre as casas de Abeleiroas, para tomar
a pista que vai a Corzón.
Polo descampado donde estuvo
a cruz do Xirelo, bordeamos a ruiniforme e pequena Serra do Castelo, cuberta
de pinares, ata alcanzar a solitaria igrexa de San Cristobo de Corzón
(templo, espadaña exenta e cruceiro). DespoiLs, unha recta cruza
o rego de Mazaricos e desemboca, á altura de Mallón, na carretera
provincial de Pino de Val a Dumbría.
O segundo río importante
do itinerario, nesta ocasión o Xallas, é superado por unha
ponte orixinario do siglo XVI.
Concello de Dumbría:
Agora, desde o lugar de Ponteolveira,
non cabe máis opción que pisar o asfalto da carretera ata
dar có desvío (pola esquerda) de Olveiroa, que non debe ser
confundido có de Olveira.
Olveiroa, núcleo de
población relativamente grande e concentrado, conserva algunhas
mostras de arquitectura popular ("alpendres", "palleiras", "cabazos") e,
precedida dunha cruz, a igrexa parroquial de Santiago. Na circunvalación
que debuxa a carretera hai un bar. Seguindo os sinais toca agora ascender
o monte do Sino, salvar por unha maltreita pontella o rio de Logoso, e
cruzar esta aldea ata alcanzar a de Hospital, donde houbo un albergue na
Idade Media.
Mirando a poniente, xa se
vislumbra a tétrica silueta da fábrica de carburos de Hospital,
particular inferno deste camiño.
Na actualidade témonos
que conformar cun bar que da comidas.
Por unha curva sacada do
vello trazado, penetramos nunha paisaxe lunar, sembrada de montañas
de escorias, presidido pola ferrumbrosa fábrica de carburos metálicos.
Para fuxir de tan desagradable escenario, conven seguir, canto antes, pola
carretera de Cée. Despois, e xusto fronte á porta da factoría,
case oculto entre os desfeitos parte o tramo máis longo, e mellor
conservado, do antigo Camiño Real. Son 9 kilómetros, polo
alto dos montes, de total tranquilidade: ningún pobo e apenas árbores,
tan só un cruceiro e duas pequenas ermidas.
A través dunha lña
recta sempre encamiñada a ponente, o camiño alcanza a encrucillada
do Marco do Couto, sinalada cun cruceiro e un moxón xurisdiccional.
Pola dereita baixase á aldea de Figueiroa, e pola esquerda vemos
ó lonxe, a elegante torre barroca da igrexa de Buxantes.
A continuación, dando
un rodeo hacia o sur accedemos ó santuario de Nosa Señora
das Neves, antano tamén coñecido como "Fonte Santa". O preciado
manantial, situado ó pé dun cruceiro que foi trasladado desde
o Camiño Real, posee propiedades curativas.
Concello de Cée (sector 1º):
O pouco de entrar no municipio
de Cée, á dereita aparece a ermida de San Pedro Mártir,
rodeada por un campiño e coa súa propia fonte santa; é
un lugar moi apropiado, se o tempo o permite, para refrescarse e descansar.
De novo polo xa familiar
ancho firme de terra do Camiño Real, agora decididamente orientado
hacia o sur, abrímonos paso entre os petóns da Armada e Campolongo
para, por fin e desde o alto do Cruceiro da Armada (247 m.) asistir ó
magnífico espectáculo que nos ofrece o océano: en
primeiro plano aparece a ría de Corcubión, limitada polo
cabo Cée, e o fondo surde, espléndida, a inconfundible silueta
do Cabo Fisterra. Para o peregrino quelleva camiñando días,
semanas ou meses por camiños interiores, a repentina aparición
do mar, desde tan privilexiado mirador, evocaralle sentementos próximos
ós vividos no Monte de Gozo. Có tempo, e a medida que este
itinerario recobre a sua popularidade, é indudable que aquí
nacerá, como na Cruz de Ferro, un novo e emblemático milladorio.
Entramos na comarca de Fisterra
cun rápido descenso polo monte da Armada; a fábrica de Brens,
xemela á de Hospital, é outro manchón na paisaxe.
O rematar a costa xiramos á dereita para, cruzando Camiños
Cháns á beira dun cruceiro, alcanzar a carretera C-550, procedente
de Muros.
Pouco a pouco, o camiñante
introducese na vila de Cée. Propoñemos un itinerario urbano
que pasa diante do vello camposanto, toma o desvío pola esquerda
ó Campo do Sacramento e, pola rúa da Magdalena (Pazo do Cotón,
cruceiro e fonte), baixa a escalinata que nos deixa na agradable alameda
de plátanos. Despois de admirar as poucas galerías que deixou
en pé o desordenado crecemento da localidade, e a igrexa parroquial
de Santa María da Xunqueira (presbiterio gótico), polo paseo
do recheo, en cinco minutos alcanzamos a veciña localidade de Corcubión
Concello de Corcubión:
En Corcubión, ainda
que se pode entrar pola parte alta do pobo (acceso ó Hotel el Hórreo),
hoxe resulta máis cómodo facelo pola encantadora avenida
da Mariña, toda ela ocupada por casas cos seus xardins e blancas
galerías. Unha vez visitada a igrexa gótica de San Marcos,
cunha valiosa talla italiana do titular (s. XV), desde a céntrica
praza de Castelao xa podemos iniciar a última etapa hacia Fisterra.
Recordamos, antes, que tanto Cée como Corcubión contaron
desde o medievo con hospitales de peregrinos.
Situados no Campo do Rollo
(parque infantil), pola parte traseira da escola, flanqueada polos muros
das hortas, tomamos a estreita senda que, incluso con escaleiras, sube
ata a aldea de O Villar. Unha pista asfaltada converxe enseguida, no lugar
de San Roque (cruceiro), coa C-550, pero só un instante, pois ó
lado da carretera que vai a Redonda, outra pista baixa hacia unha fonte
e, convertida nunha senda, segue en paralelo ata Amarela.
Concello de Cée (2º sector):
Superado o caserío
lineal de Amarela, un atallo corta pola dereita as gandes curvas que debuxa
a perigosa carretera comarcal. Xunto a unha granxa de visóns, sempre
entre pinos e eucaliptos, descendemos á ensenada de Sardiñeiro
á altura da praia de Estorde, moi concorrida no veran (cámping).
Concello de Fisterra:
Os peregrinos que chegan a Fisterra,
poden conseguir a FISTERRANA no Concello
|
Polas rúas que discurren
á dereita da carretera, podemos seguir ata enlazar coa rúa
de Fisterra., pisando outro considerable tramo do Camiño Real que,
despois salvar a carretera, rodea a deliciosa cala do Talón. De
novo na carretera, a 500m. arranca o Paseo Marítimo de Langosteira,
moi ben deseñado para os peatóns entre as dunas e os pinares
que rodean este areal. Por el chegamos a S. Roque e a cruz de Baixar.
Na mariñeira población
de Fisterra, o itinerario urbano máis lóxico é o que
discurre pola rúa de Santa Catalina (casa do concello), a praza
da Constitución (cruceiro), a praciña de Ara Solis (capela
barroca do Buen Suceso, cruceiro e fonte) e, xa algo apartada da vila e
o porto, a igrexa parroquial de Santa María das Areas, có
cruceiro gótico e o camposanto (aquí consérvase a
capela que foi do hospital de peregrinos).
Despois de visitar o Santo
Cristo, na punta do faro, o atardecer, os peregrinos queiman as suas vellas
roupas mentres o sol se oculta no mar. A ruta que sube ó faro en
paralelo á carretera será recuperado en breve. |
|