|
BOLETÍN
DE INSCRICIÓN
DENOMINACIÓN:
ENDEREZO:
CIF: Nº DE COMPOÑENTES:
DIRECTOR/A: TFNO.:
REPRESENTANTE:
NIF: TFNO.:
TEMAS A INTERPRETAR:
1. TÍTULO:
LETRA:
MÚSICA:
2. TÍTULO:
LETRA:
MÚSICA:
¿REALIZARÁN ENSAIO PREVIO? (RISQUE A CASILLA CUN "X"
EN CASO AFIRMATIVO)
¿PRECISAN LUGAR PARA CAMBIARSE DE ROUPA? (RISQUE A CASILLA CUN
"X" EN CASO AFIRMATIVO)
¿DESEXAN XANTAR OU CEAR EN CORCUBIÓN? (RISQUE A CASILLA
CUN "X" EN CASO AFIRMATIVO)
SE A CORAL PERTENCE A ALGUNHA ASOCIACIÓN INDIQUE CAL:
REPRESENTANTE
DA ASOCIACIÓN:
NIF:
TFNO.:
Este
Boletín de Inscrición debidamente cumprimentado farase chegar
ó Concello de Corcubión antes das 14 h do día 8 de
Abril de 2003 xunto coa documentación seguinte:
· Fotocopia do CIF da Coral ou Asociación a quen pertenza.
· Certificación bancaria.
· Partitura e letra dos temas a interpretar por quintuplicado.
· Breve historial da Coral.
BASES QUE REXERÁN A CELEBRACIÓN DO 1º
CERTAME DE CORAIS POLIFÓNICAS "RIA DE CORCUBIÓN"
Base
1ª.- Obxecto: As presentes Bases teñen por obxecto establecer
as normas que rexerán a inscrición, participación
e designación de 1º e 2º posto das Corais que participen
no I Certame de Corais Polifónicas Ria de Corcubión organizado
pola Concellalia de Cultura do Concello de Corcubión.
Base 2ª.- Participantes : Poderán inscribirse Corais Polifónicas
da provincia de A Coruña. As corais deberán contar cun mínimo
de 16 compoñentes.
Base
3ª.- Inscrición: O boletín de inscrición facilitarase
nas oficinas deste Concello , sendo posible solicitalo por teléfono
(981-745400), ou por correo electrónico (correo@corcubión.dicoruna.es).
As corais deberán remitir ó Concello de Corcubión
o boletín de inscrición debidamente cumprimentado xunto
cun breve historial da coral que se inscribe, así como, as partituras
e letras dos temas a interpretar por quintuplicado.
Igualmente deberán remitir un certificado da conta corrente a nome
da Coral participante na que eventualmente se faga ingreso dos prémios
en metálico do 1º e 2º clasificado, e unha cópia
do NIF.
Base
4ª.-Desenvolvemento do Certame: Cada coral deberá interpretar
dous temas, debendo ser polo menos un deles en lingua galega.
O certame desenvolverase en dúas fases :
A) Previa: Esta fase realizará-se dependendo do número de
corais inscritas cuia data de celebración será oportunamente
feita pública e notificada aos participantes
B) Final: En todo caso a final terá lugar o día 3 de maio
de 2003 ás 19 horas. Previamente levaráse a cabo a adxudicación
da orde de actuación mediante sorteo. Este número ordinal
manteráse na fase final.
No suposto de que teña lugar a fase previa, a fase final manterá-se
ca participación das 6 Corais mellor clasificadas.
O prazo de admisión de solicitudes rematará o día
8 de abril de 2003 ás 14 horas.
Base
5º.- Lugar de celebración: As fases anteriormente descritas
celebraránse na Casa da Cultura do Concello de Corcubión
(A Coruña)
Base
6ª.- Composición do Xurado: A composición do xurado
daráse a coñecer o mesmo día da fase previa clasificatoria,
no seu caso, ou o mesmo dia da celebración do certame. Estará
composto por 5 membros, todos eles profesionais da música, actuando
un deles como secretario, con voz e sen voto, sendo este un representante
do Concello de Corcubión.
Base
7ª.- Premios: Establécense 2 únicos premios, dotados
dotados do seguinte xeito:
1º.- Premio: 600 Euros e trofeo
2º.- Premio: 400 Euros e trofeo
A
PARTICIPACION NESTE CERTAME IMPLICA A ACEPTACIÓN DAS PRESENTES
BASES
Estas
bases foron aprobadas por Resolución de Alcaldía nº
191/03 do 17/03.
|