ABERTAL 
Contidos para o aproveitamento económico
 
 
  
 
Abertal é unha empresa que actua no marco da nova sociedade da información facendo uso dos últimos avances en materia de comunicación. 
 
 
A conxunción da actividade de ABERTAL concrétase nun producto aplicado a tres eidos : a creación de contidos para as redes, o turismo on-line e o comercio electrónico. Unha mostra deste traballo é este espacio virtual  feito realidade o 10 outubro 1997 como producto de un ano de investimento, traballo e creatividade. 

No terreo da xestión, Abertal é unha sociedade innovadora que entende a necesidade de crear novos modelos organizativos no mundo empresarial. A estructura horizontal propicia a autonomía dos membros e favorece a súa especialización.  

 A concepción global de empresa baséase nunha definición en positivo, que valora os aspectos nos que o noso país ten avanzado ou presenta fortes vantaxes comparativas. A consolidación de productos locais é un dos obxectivos da firma nesta primeira etapa de asentamento, ao tempo que se emprende unha expansión a niveis territoriais e sectoriais máis amplos.  

O espacio finisterrae.com confórmase como o producto máis acabado e como un dos referentes máis logrados do traballo de Abertal Comunicacións, S.L. 

Este web é un dos novo media locais máis completos do mundo: non responde ao esquema dos vellos media senón que nace desde a propia globalidade da rede para dar resposta a un marco local e viceversa.  

Foi un dos primeiros sites en implantar un sistema de cobro on-line seguro de todo o estado español e é pioneiro na creación de un medio dixital local a nivel mundial. E tamén un dos primeiros sitios de base territorial non urbana  creado exclusivamente a partir de  iniciativa privada en Europa. 
 

Abertal Comunicacións, S.L.
R/Rio Tambre, 16 - 2º
15100 Carballo - Bergantiños
Tfno.+34 981 75 78 15
Fax 75 78 64
abertal@finisterrae.com
http://www.finisterrae.com/abertal/
 

Outros traballos de Abertal Comunicacións, S.L.: http://www.riasbaixas.net