|
No
noroeste galego, ao abeiro da ría de Camariñas e fronte
á Costa da Morte xurde cada día
dende hai séculos a lene maxia do encaixe.
Noutrora, a primeiros de
século cando a época de grande actividade, a zona palilleira
extendíase pola costa dende Laxe ata Muros e ata Vimianzo e
Dumbría cara o interior; mesmo a tipoloxía do encaixe era
ben diferente segundo os lugares: miúdo e fino como o de Camariñas
ou máis grande e groso como os de Santa Mariña ou Carnés.
Na actualidade, palíllase
sobre todo nos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo,
facéndose de xeito semellante nos diferentes lugares.
As principais vías
de acceso son:
-
- dende A Coruña
coller a C552 en dirección a Carballo e logo seguir cara Baio e
Vimianzo, onde se torce cara Camariñas
-
- dende Fisterra coller
tamén a C552 en dirección a Vimianzo, torcendo alí
cara Camariñas
-
-dende Santiago coller
a C545 cara Santa Comba, de alí seguir ata Zas, Baio e Vimianzo,
apartando nesta vila cara Camariñas
|