BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 25/08/2019
Nunca máis x 100 % Dignidade

A Plataforma cidadá Nunca Máis convocara a manifestación de onte, día 23, para reclamar responsabilidades políticas pola xestión da crise do Prestige e baixo o lema de "100 % Dignidade". Pero, o berro de "Nunca Máis" converteuse na referencia para manifestar o "non á guerra", o "non á manipulación" e a defensa da Democracia.

Galicia acudiou en masa a Madrid para demostrar que o movimento social de Nunca Máis segue vivo despois de 100 días do desastre; pero os galegos estiveron arroupados por centos de miles de cidadáns de Madrid e chegados de toda España.

A chegada de manifestantes desbordou á propia organización, que viu como milleiros e milleiros de persoas sobrepasaban a cabeza da manifestación, extendéndose ata á Porta do Sol; mesmo cando a marcha aínda non arrincara da Praza de Neptuno, onde finalmente se fixou o punto de partida.

Non se sabe en que criterios se basou a Delegación do Goberno para afirmar que eran só 100.000 os manifestantes; pero cando a cabaza da manifestación aínda non virara a Praza de Cibeles, a Porta do Sol xa se estaba enchedo. Moita xente foi saíndo da praza a medida que milleiros e milleiros de persoas ían entrando na mesma durante máis de dúas horas.

É difícil, pois saber o número aproximado de manifestantes; pero, fora cal fora, hai que multiplicalo por un 100 % de dignidade.

Hemeroteca