BUSCADOR






23º Año - 5ª Época - 17/09/2019
NÓS - XOSÉ LUÍS LOUZÁN

De negro é o teu pelo, 
tanto coma o meu corazón. 
De negro, os teus ollos, da cor, 
a máis bela cor. 

De suave seda a túa pel 
na que escribo noites de ledicia, 
de porcelana a figura 
da máis bela, da mellor. 

De cor tamén os teus beizos, 
de mapoulas, e vento de primavera. 
De ouro os teus bicos, 
a doce xuventude no interior. 

De soños é o noso tempo, 
teu o meu corazón. 
Doce voz, doces bicos, doces ollos, 
doce amor de tenros anos, 
doce e raro amor. 

Hemeroteca