 Coincidindo
co espléndido momento creativo e interpretativo que está
vivindo a muller no panorama da música actual, a organización
do III FESTIVAL CRUZ VERMELLA confecionou un cartel de artistas
que traballan, e o fan coas súas mellores armas creativas e
interpretativas, por lograr unha identidade frente ós prexuízos
cotidiáns. Ademáis do fin deste FESTIMEIGAS 98,
recaudar fondos a beneficio dos disminuidos físicos, psíquicos
e sensoriais que permitan a súa integración na sociedade,
o atractivo
cartel de artistas que se ofrece, promete un CARBALLO ROCK SOLIDARIO
de altas prestacións artísticas de variada índole
estilística dende o punk afilado, voces ácedas e atormentadas
das B-Violet, unha das bandas revelación do 97, ata o rock
de garaxe de Las Best Tias, pasando polo latín jazz, funk con
bases house e hip-hop de Marta Ruiz, organista e compositora de Sex
Museum que xunto á raíña das DJS, Paz Corral,
forman a dúo Elektrolux, ou a voz espléndida chea de
feeling, profunda e desgarrada de Ana de Andrés (ex cantante
e baixista de
Los Cardíacos), sen olvidar á DJ Sonia Domínguez
que ós seus 25 anos e coa carreira de enxeñería
de Telecomunicacións case rematada irrumpe como unha bomba
no mundo da electrónica e das pistas de baile. Indra, un grupo
de catro adolescentes de Oviedo de 14, 15, e 16 anos e a saxofonista
de Carballo María Rodríguez, completan este fenomenal
cartel de FESTIMEIGAS 98.
contacta
connosco
(TERÁS MÁIS INFORMACIÓN
CHAMANDO Ó 909 88 80 03).
Organiza:
Cruz
Vermella Xuventude
Colaboran:
Concello
de Carballo
Asociación
de Minusválidos Íntegro
Aspaber
Pubs
de Carballo
Juancho
López y Humberto Pena
Pabellón
Polideportivo Bergantiños
1
de agosto de 1998
9
Noite
CARBALLO
(A CORUÑA)
Precio
entrada:
800 pts venta anticipada
1.000
pts en taquilla
III
FESTIVAL CRUZ VERMELLA XUVENTUDE
|