NOITES MUSICAIS DE MENS
Encontros de Música Culta
 
 
 
 
Todos os anos, nos meses de xullo e agosto, a igrexa parroquial de Mens acolle as " Noites Musicais ", concertos gratuitos de música culta. 

A organización pretende dar a coñecer os máis diversos tipos de música, moitos destes descoñecidos cara o grande público, así como difundir o patrimonio artístico de Mens e do Concello de Malpica. 

Nestes pequenos ciclos anuais de concertos, teñen interpretado as súas obras desde orquestras de cámara, tríos, cuartetos ou quintetos, sopranos con pianista, ata grupos e coros tradicionais. 

Así, desde 1992, actuaron neste espacio cultural o Trío Arabesco, a Xove Orquestra de Xove, a Orquestra de Cámara de Verdillo, Antonio Rocha, Eulogio Albalat, o Dúo Tapán-Bosbani, o Trío Rusia, o Quinteto de vento da Coruña, etc...