| Verxel
de Bergantiños
Frondoso
país ensalzado por Eduardo Pondal, Coristanco é unha
terra fértil e escasamente poboada en lugares
pequenos e dispersos. Coñecida outramente como graneiro
de Galicia, a economía de Coristanco oriéntase
á producción pataqueira, sendo estas terras
a capital galega deste tubérculo. Este producto importado
de América, que veu substituir á castaña na
dieta principal dos galegos, é correspondentemente ensalzado
na Festa da Pataca, celebración
anual organizada en San Roque, principal núcleo de
poboación xunto Agolada, de importante feira o primeiro
domingo de cada mes.
A vexetación
forestal cubre a maior parte dos montes e vales de Coristanco, verdes
solos constantemente regados por pequenos regatos que nutren ao
Anllóns con augas procedentes da meseta de Santa
Comba, cara onde se encontra o lendario espacio natural da Lagoa
de Alcaián e as antigas minas de caolín e wolfram
dos Montes do Couso.
Coristanco
ofrece axeitadas condicións para a práctica da caza
e da pesca, actividade esta última moi popular no refuxio
de Verdes, área recreativa formada por varios muíños
enxebres rehabilitados como merendeiros.
|