| Un
salvaxe espacio natural
A cidade
de Duio disque xace ao pé do vixía atlántico
Cabo da Nave, xeograficamente o máis occidental
de Galicia e testemuño de incontables naufraxios
no bater do furioso e gris mar contra a cortante costa. Tras da
Nave, nos montes Veladoiro e Pión, consérvase un cromlech
resto dun antigo conxunto megalítico tamén formado
unha pedrafita de 8 m. de altura. Tres quilómetros ao norte,
comunicado por carreiros que asoman a rentes dos bravos cantís,
emprázase o esgrevio castro da Ponta do Castelo ;
é este un interesantísimo exemplo de citania marítima,
arriscadamente encaixada no outo dun cantil defendido pola batedoira
incesante do océano. O acceso á croa era unicamente
posible a través dunha porta entre dúas defensas que
só o desafiante vóo das gaivotas podía ser
quen de traspasar.
As
lendarias terras de Duio ofrecen un belido complemento de lecer
do que dá conta a rica variedade natural das súas
tres praias. A turística praia de augas calmas da
Langosteira, sita no interior na ría en fronte ao Monte
Pindo, é centro de encontro dos veraneantes de Fisterra.
Cara ao Atlántico, a remota e paradisíaca pequena
praia de Arnela encóntrase encaixada entre quebrados cantís.
Tamén soedosa e aberta ao Atlántico, a longa praia
do Rostro forma un rico ecosistema dunar que contén ao bravo
Mar do Rostro, do que din os habitantes do lugar :
Mar
de Rostro,
se
casaras,
abrandabas.
Para
saberes máis sobre Duio :
Concello
de Fisterra : Santa Catalina / 981 74 00 01
|