BUSCADOR






24� Ano - 5� Época - 03/04/2020
Actualidade
26-12-2007

Olería divertida para os nenos o día 4 de xaneiro

II COCEDURA DO NADAL NO FORNO DO FORTE

Coa chegada do Nadal, chega tamén por segundo ano consecutivo a Cocedura do Nadal, organizada polo Eco-Museo do Forno do Forte de Buño (Malpica). A Cocedura de Nadal é unha actividade divertida orientada aos cativos da casa, que se poderán iniciar na arte da olería ao xeito tradicional. A Cocedura, que forma parte das actividades do Eco-Museo do Forno para a divulgación da olería tradicional, terá lugar o día 4 de xaneiro de 2008 de 16:00 a 20:00h.

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca