BUSCADOR






23º Año - 5ª Época - 16/09/2019
Actualidad
10-11-2010

CARBALLO ACLE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE A HISTORIA DO FEMINISMO

O 25 de novembro conmemórase o Día EInternacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Dentro das actividades relacionadas con este día, chega a Carballo a mostra itinerante "Feminismo galego. Cambios sociais e dereitos das mulleres". Trátase dunha exposición que realiza un repaso pola historia do feminismo dende o ano 1800 e recolle diversos materiais que dan testemuño dos obxectivos e reivindicacións do feminismo galego. Faise mención especial ás precursoras onde se citan galegas ilustres como Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Juana de Vega... Poderá realizar esta viaxe polo feminismo galego e a súa historia na sala da baixocuberta do 3º andar do Pazo da Cultura de Carballo, até o martes 30 de novembro de 18.00 a 21.00 horas.

Deja aquí tu comentario








Hemeroteca