BUSCADOR






23º Año - 5ª Época - 16/06/2019
Actualidad
02-01-2015

Presentación do libro O grilo Míllelo

Presentación do libro O grilo Míllelo

O domingo 4 de xaneiro, ás 19 h. terá lugar no salón de actos da Casa do Pescador a presentación do libro de Xosé Manuel Varela, "O grilo Míllelo".

Ofrecerase unha representación teatral baseada nesta narración a cargo do Obradoiro de Animación Teatral do Concello e ademais Xosé Tomás debuxará en directo. Intervirán tamén Xosé Manuel Varela, Icía Varela Gómez, Miguel Toval de Edicións Embora, Suso Moreira e os músicos e voces. O acto estará presidido polo Alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga.

O libro encádrase dentro do xénero da narrativa infantil na franxa de idade de primeiros lectores. Na web de Edicións Embora tamén se pode descargar a partitura musical e o poema para cantar.

Deja aquí tu comentario








Hemeroteca