BUSCADOR






23º Año - 5ª Época - 26/08/2019
Actualidad
08-04-2015

XIII Primavera en danza en Carballo

XIII Primavera en danza en Carballo

Regresa a cita anual do Concello de Carballo para achegarse á danza contemporánea, a XIII edición do Primavera en Danza. 

Cinco espectáculos moi diferentes e para distintos públicos e actividades complementarias de achegamento á danza contemporánea configuran o programa desta edición. 

- Venres 17,  21:00 h, As Dríadas (Galicia): Orixe, para público xuvenil e adulto
- Domingo 19,  18:00h, Entremáns (Galicia): Xoga, para todos os públicos a partir de 3 anos
- Venres 24, 21:00h, Pisando Ovos (Galicia): Que volvan as flores, para público adulto.
- Sábado 25, 21:00h, Colectivo Fume (Galicia): Fume, para público adulto
- Xoves 30, 21:00h, Roser López Espinosa (Cataluña), para público adulto

Os días das representacións presentaranse os espectáculos en espazos públicos e despois dela haberá encontros cos coreógrafos e directores para falar do espectáculo e achegar a linguaxe da danza ao público. 

Enlaces

Deja aquí tu comentario








Hemeroteca