BUSCADOR






23º Año - 5ª Época - 16/09/2019
Actualidad
21-05-2015

Carballo por Etapas

Carballo por Etapas

O Concello de Carballo e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) organizan a 3ª edición de Carballo por Etapas.

Nesta edición participan 21 hostaleiros que elaborarán durante dúas fins de semana tapas creativas, innovadoras, imaxinativas e saborosas ao prezo dun euro. 

As tapas poderán degustarse durante os días 29, 30 e 31 de maio e 5, 6 e 7 de xuño e con cada tapa entregarase un rasca co que optar a algún dos premios que están en xogo, e que van dende gorras, toallas e camisetas ata máis tapas ou botellas de viño. 

Ademais haberá actividades o 31 de maio, como un Showcooking cos recoñecidos chefs Gorka Rodríguez e Adrián Felípez e o Pequechef, un taller de iniciación á cociña para nenos de 3 a 10 anos.

A lista de locais hostaleiros que participan na iniciativa son:

  • A Barra Bar
  • A Cervexería de Luís
  • Bodegón O Pescador
  • Cafés A Cafeteira
  • Cafetería Abastos
  • Cafetería Bar Embajador
  • Cafetería Bar Ginebra
  • Cervexería Ágora
  • Cervexería Beos
  • Cervexería Dublín
  • Cervexería La Bombonera
  • Cervexería San Juan
  • Mesón A Cabaña
  • Mesón As Viandas
  • Oasis Restaurante Vinoteca
  • Ofelia Vinoteca Restaurante
  • Restaurante El Hórreo
  • Restaurante Mesón do Pulpo
  • Restaurante Vinoteca A de Pako
  • Tasca o Casino
  • Trattoria Pizzería Vesubio.  

Enlaces

Deja aquí tu comentario








Hemeroteca