BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 11/12/2017
Actualidade
16-06-2017

Exposición Luscofusco, Presentación Festival Rockin e Concerto do Conservatorio no Concello de Carballo

Inauguración da exposición colectiva "Luscofusco"

  • Data: Venres 16 de xuño do 2017
  • Horario: 21 horas
  • Lugar: 3º andar do Pazo da Cultura
29 artistas participan na exposición colectiva de creadores vinculados a Carballo, unha iniciativa da Concellaría de Cultura na que colabora o colectivo Crea Formas, e que este ano converterase nun acto de lembranza e homenaxe ao poeta malpicán Paco Souto, moi vinculado ao movemento artístico carballés.

Festa de presentación do festival Rockin
  • Data: Venres 16 de xuño do 2017
  • Horario: 22.30 horas
  • Lugar: A Barra Bar
Festa de presentación do festival na que actuarán os Dj Crist Andrade e Jelly Billy.

Concerto de fin de curso do Conservatorio Profesional de Música
  • Data: Venres 16 de xuño do 2017
  • Horario: 19 horas
  • Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura
Úlltimo concerto de fin de curso no Conservatorio Profesional de Música de Carballo. Nesta ocasión actuarán o alumnado de música e movementoa Banda Municipal e a Orquestra de Corda.

Ligazóns

Deixa aquí o teu comentario








Hemeroteca