|
|
![]() |
Título: en Contestación a Tinxel Tinxel, amigo, si realmente é sangrante. A pesares de algunha incorrección nos teus datos (os "tubos" do Ezaro non son de fai dez anos senón mais de 30) a realidade é que o río Xallas, os seus 22,2 kilometros de extensión, están sobreexplotados moi por enriba do marxe ecolóxico preciso para o mantemento da zona. Pero existen varias circunstancias, que resultan ademais de mais graves, necesario coñecer a nivel mundial, para que a xente entenda o crime de estado que se esta a cometer con esta terra: 1º- Os embalses do río xallas, producen o 60% da electricidade que consumen, atención, Galicia enteira, Asturias, León, e parte de Zamora. E este dato e real, baseado en informes da antiga comisión hidrografica do noroeste. O 60%. E a cambio, esta zona ten a peor con diferencia rede eléctrica de todo o estado español, incluído o famoso "Teruel existe". Mais cousas. 2º- O salto do río Xallas significa a única saída o mar dun río en cascada de todo o sur de europa. E case de toda europa, porque so en laponia, Noruega para ser exactos, existe un río parecido, de nome Roaldearlen (creo). E este salto, atopase coartado na súa saída, por un embalse que produce moitos, un erro teu, kilovatios de aproveitamento eléctrico, moitos mais incluso dos declarados pola propia empresa. 3º- Por ultimo, para este texto que non nesta terra, a empresa Ferroatlantica da traballo a mais de 150 traballadores da zona. 150 familias en definitiva, so nunha das dúas factorías que ten aquí, e que si están aquí e so pola existencia do río xallas e das minicentrais montadas neste. Esto non quere dicir que sexa esto jauja, porque hai tan so 5 anos, traballaban mais de 500 entre as dúas factorías, co cal a mingúa de postos de traballo, e a brutal reconversión que sofren as empresas nestes días, salta a vista. En conclusión, querido Tinxel, as cousas dende este lado da raia, son ben diferentes, independentemente de que un servidor ( se non o dis ti, dígoo eu) obtaria por reventar a patadas os embalses en cuestión, e mandar o carallo a unha empresa parasitaria dos recursos do pais coma esta. Pero é que detrás dela, ademais da economía en precario dun territorio con mais de cen mil habitantes, teriamos que patear a; Unión FENOSA, Hidrocantabrico, FCC, Ferrovial, A Xunta de Galicia, O goberno do estado, tódalas televisión nacionais que prefiren falar de vacas na vez que da fame que aquí pasan os mariñeiros, os partidos políticos, e por ultimo, a Unión Europea. Todos polo río abaixo cunha patada no cu estarían mellor, porque desta terra non se esta acordando nin dios. E en seis meses eleccións autonómicas. Hai seguro que se acordaran, e recibirémolos a pedradas. Si por min fora...
Autor: Pepe de Lou (O veciño cabreado).
|
|||||||||||
|