voltar

 
 
 
O Web Costa da Morte quere facer constar que as opinións verquidas neste espacio son absolutamente libres e alleas á opinión do noso espacio.

Autor: Roberto Traba Velay
Título: Eles Si que Son Bos

Ultimamente os domingos pola mañanciña, cando o día escomenza a riscar, dáseme por erguerme cedo e vou dar unha volta ata a ermida de San Guillerme ou ata as Pedras Santas. Mentres paseo ou troto polos novos camiños que, debuxados sobre as antigas corredoiras, serpentean polo promontorio fisterrán, disfruto con esa diferente fermosura que ten a paisaxe no fin da terra que as veces semella unha droga que chega a engancharte e outras unha vella mediciña que sosega feridas.

Normalmente en domingos á mañán, pouca xente atopas polas despoboadas rúas agás dos emigrantes de sábado que chegan de Cee, ou saen dos locais que máis resisten, con ollos semipechados peron con sorrisas imposibles de borrar porque estos domingos, cando o día principia a abrir, é imposible que a tristura habite nestes últimos combatientes da movida filipina ceense.

Ás veces, a primeira hora da mañá dache unha gran sorpresa e atopas por exemplo ó colega Agustín que espera xunto con Rodri e Nazario a Javi Sillero, alias Yeyé, para levalos en autobús a Porto de Son a competir xunto con outros escachapedras rapaces do Club Atlético Fisterra no campionato provincial de cross que alí se disputa. Saúdos, ánimos co puño pechado e verbas de que hai que gañar rapaces e todas esas cousas. Ata logo chavales e mentres marchas vas pensando que imos vellos porque a última vez que vin a Agustín a estas horas foi hai tempo noutros menesteres cando viñamos de carallada ou, mellor dito, de esmola, que é como hai que dicir.

Afortunadamente os tempos cambian e hoxe facemos cousas máis interesantes. O luns e o martes deille voltas ó cerebelo pensando no papel que fixeran os meus pequenos veciños e atopeime con Chalo, o entrenador dos rapaces, 106 rapaces federados no Club de Atletismo Fisterra. Chalo, que é un home-neno por ética e estética, disfrutaba como só un neno-home pode disfrutar mentres me contaba os éxitos dos nosos corredores. Arancha Sánchez quedou campiona de benxamíns xunto coas súas compañeiras, Iria, Sara, Antía, Rita e Jaiza quedaron de primeiras nesa categoría, e igual que Xosé Luis Agulleiro e Xavi Pacín, primeiro e segundo. Yeyé, Rodrigo, Nazario, Aarón e Roberto, medalla de broce en alevíns. A mágoa foi que Carmen María Ballón, que ía de primeira en cadetes, caeu nun furado e fastidiou os abductores. O vindeiro ano será campiona. Hai que velos algún día porque Agustín é a voz de Chalo, que non pode falar porque ten problemas na gorxa. Agora entendo por que Agustín anda sempre afónico e, Chalo, ídem de lienzo.

Outros artículos de opinión

Pode vostede enviar os seus comentarios e opinións, remitindo un correo electrónico a 'Opinión desde o Finisterrae'.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Lugares
Natureza
Que facer?
Contos
Pousada
Tenda
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com