voltar

 
 
 
O Web Costa da Morte quere facer constar que as opinións verquidas neste espacio son absolutamente libres e alleas á opinión do noso espacio.

Autor: Roberto Traba Velay
Título: Menos mal que hai Bruxas

Unhas veces por causas pequenas e outras por causas grandes, o caso é que ando un pouco á valga nestre estrano tempo de atípica primavera que altera sangues, transforma espíritus e ata horas cambia nos reloxios das lonxas e nos campanarios. Bótolle a culpa ó tempo, pero sei que son outras cousas as que fan que non teña solaz nin para coller o boli máxico e escribir, iso que o meu bolígrafo escribo só.

Menos mal que unha bruxa amiga e compañeira deume un bebedizo infalible para estas cousas da escritura e abofé que parece que surte efecto. Non sei se o que fixo foi botar un conxuro ou convoar para ela a cantos saludadores, vodoiros, pastaqueiros, baluros, sabias, meigas e demáis tropilla de seres con poderes máxicos que andan por estos lares, pero o caso é que doume un vaso de auga cun anaco de limón e díxome: 'Bébeo dun trago que é un vaso de palabras. Verás como funciona'.

Logo de que a miña meiga marchara pola porta da Galería quedei pensativo, imaxinando que tiña o estómago cheo de verban cando, mira ti por onde, apareceu en riba dunha das mesas, e sen saber se formaba parte do meigallo ou non, un estrano libro con portada en bermello na que aparecía un bisonte dos da cova de Altamira sobre un grande título que poñía: Spain.

A curiosidade fixo que me achegara ata él para ollalo. Resultou ser unha guía turística inglesa escrito por dous fillos da Gran Bretaña na que moi británicamente facían, moi á súa maneira, un repaso das cousas, lugares e costumes cas que un viaxeiro de falaq inglesa pode atoparse polos países, nacións e paixases desta península celtibérica, hispánica ou vai ti a saber que.

Sorprendeume que tratara a Barcelona como unha rexión independente de Catalunya, pero o que máis me tocou iso que máis doe ós homes é a visión que dá da Costa da Morte, especialmente no que a Fisterra se refire. Puden ler que, para estes dous elementos, Fisterra non é máis que un gris lugar carente de razón algunha para permanecer aquí. Menuda estupidez. Razón ten o meu amigo Manolo cando di que nunca existe razón algunha para vivir neste ou en calquer outro lugar. Ó fin e ó cabo, el vive en Cancela de Rego do Foxo, lugar a non sei canto de Vimianzo, e é feliz. Vai ti a saber o que dirían entón estos dous viaxeiros de oficina.

Pouco despois chegou a miña bruxa que é americana a preguntarme se vira o libro. Acertadamente calificouno como 'garbage', ou sexa, basura. Tireino ó chan, pedinlle prestada a escoba, porque tódalas bruxas teñan escoba, e tirei o libro ó contenedor que é donde está a basura ¿non?

 

Outros artículos de opinión

Pode vostede enviar os seus comentarios e opinións, remitindo un correo electrónico a 'Opinión desde o Finisterrae'.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Lugares
Natureza
Que facer?
Contos
Pousada
Tenda
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com