|
|
![]() |
Autor:
Pepe de Lou Todos sabemos que a Costa da Morte é insolidaria por definición. Si, non nos tiremos dos pelos, aquí cada un vai o seu, e así as cousas si se trata de protestar por algo propio nos apuntamos todos coma balas, pero para axudar a pedir para o do lado, non movemos un dedo. No, non me digan que non é certo porque teño mostras diversas que acompaña estas afirmacións, que o único que van servir é para dar pe a unha cuestión na que despois entrarei. Cando o famoso, Juan Miguel Villar Mir, dono de Ferroatlantica en Cee, quixo pechar a fabrica nada mais adquirila tralo crack de Banesto, toda a vila de Cee se votou a rua. Un acto de solidariedade disque... ou un xesto de autodefensa, segundo un servidor. Porque a ninguen se lle escapa, polo menos a min non, que por aquel enton, económicamente, Cee era a "fabrica" e o comercio e servicios para os traballadores desta. Na fabrica en cuestión traballaban cincocentos veciños, entre as factorías de Cee e Dumbría, ainda que na primeira era onde mais se concentraban. A vila de Cee, estaba, e esta, chea de bares, tendas, e ofertas de servicios. O pobo pechou en masa, e viaxou a Santiago, ¿por "solidariedade" ou por interese?. Esta situación non sirve coma exemplo do primeiro, a vista do moito que se lle ia no envite a todos, traballadores e comerciantes, si a fabrica pechaba. Mais. O sector da nasa do pulpo ten problemas. Fai un chamamento a movilización, ¿canta xente a secunda?. Eles sos, cen persoas en Corcubion e outras tantas cando a manifestación é en Muxia. O palangre pide axuda en Muxia. Manifestación. ¿o comercio local pecha unánimemente?. Nanai, moitos bares e comercios permanecen abertos, mentres os mariñeiros protestan e agradecen a asistencia duns poucos. Pero atención; ¿que sucedería, si un alcalde ou autoridade similar fixera un chamamento en prol de manifestarse, porque outra administración pretende que se pague unha tasa para manter alonxados, por exemplo, os cabalos das estradas e así evitar accidentes?. Movilización xeral, peche, disturbios. Si,si, que non nos gusta pagar, e menos por algo inútil, porque o goberno tal e cual... Somos tan "solidarios". Tanto. No Pais Vasco, hai o lado, cada día, morre unha persoa coma vostede ou coma min, normal e corriente que en todo caso, o único "delito" que cometeu foi quere representar os seus veciños no concello, ou defendelos dende as forzas de seguridade, ou nin siquera eso, un veciño que paseaba pola rua, cando algo estourou o seu lado. Nenos, maiores e calquera. Estes asasinos non miran o carnet de identidade de ninguen antes de premer o gatillo da pistola, ou pulsar o botón do mando a distancia da bomba de turno. Estes, que non teñen nome, nin pai nin nai, nin son persoas, nin siquera humanos, matan a calquera e a todos. E nos non facemos nada. Non so iso, si non que cando catro atrevidos se solidarizan de verdade, e gardan un minuto de silencio na rua, miramolos raro, coma si non foran de aquí. Que especiais somos carallo¡¡. A vista de que parece que nin siquera nos acordamos dos parientes que temos no País Vasco, onde localidades coma Eibar están compostas na sua maioria por galegos e fillos de galegos, moitos da bisbarra, so podo decir unha cousa. Merecemos moitas das cousas que nos pasan, moitas das cousas polas que nos queixamos. Merecemolas por ser tan mezquinos que nin siquera nos movilizamos para pdeir que esta sin razon pare xa. Somos tan especiais, que nos da igual. Temos mellores cousas que facer, e a fin de contas, a nos non nos vai tocar. O malo e que para esto non hai vacuna. E si un día nos toca.., con gran dolor do meu corazón, terei que decir... que temos o que merecemos. Nada mais.
Outros
artículos de opinión
|
|||||||||
|