|
|
![]() |
Autor:
Pepe de Lou A resignación, o recurso dos pobres para entendernos, e unha das maiores falacias que dende sempre veñen vendendo a esta terra, que me honro en habitar (as veces). Digo esto coma encabezamento, porque nos últimos tempos, tiven o pracer de asistir a maior sarta de patrañas xamais contadas por xentes se supon que versadas. Tratabase do acto oficial (manda carallo) de apertura da Fervenza do río Xallas en Ezaro, Dumbría. Un servidor, estaba estoicamente aguantando o chaparrón, non de auga, senon de verborrea sen sentido, a espera de poder ver ese enorme espectáculo da natureza. Así, comezou falando un ex-tesoureiro do Real Madrid, un tal Villar Mir, que si non teño entendido mal, foi tamen alto cargo con Franco, algo que a min, de saida xa me resulta sospeitoso. Pero, resulta que bueno, eu escoito en principio, por aquelo do beneficio da dubida, todolos homes do presidente, alguns homes bos... en fin. O tal Villar Mir, indicou que o feito de que se abrise a cascada (así a denominou) era o resultado dun mandato "expreso" coma os cafes, do seu ven querido amigo Manuel Fraga. Neses intres imaxinei a Fraga, lanza en ristre, adalid da patria, coma si gozase de poderes divinos ordenando " fagase a Cascada" e a cascada fixose. Algo así. Non sei si non se deron conta ou non quixeron darse conta, pero tal vez chegue o momento de que algunha mente serena indique e lembre, que "eso" leva hai mais tempo que algún dinosaurio dos de Spielberg. Xeologos de recoñecido prestixio, afirman incluso que na cuarta glaciación, e moi posible que a fervenza teña nacido, por mor das enormes tensions e cantidades de auga provocadas polo derretemento de todo o xeo que cubría media Europa. Fraga e vello, moito si, pero non tanto. Xusto despois de Villar Mir, falou un tal Julio Diaz, presidente dunha tal Asociación Neria, que comezou indicando que esta entidade tiña grande parte de culpa desta apertura. "Outro suceso cosmico mais e eu sin enterarme" pensei. Pero no, este persoeiro, mais nervoso cun flan, cun flan chino ollo, continuou indicando que si o medio ambiente, que si non sei que do desenvolvemento, e outros asuntos, merecedores de todo respeto, tal vez, nunha disertación universitaria, pero non diante de mil paisanos, ávidos de ver caer auga. Pensei neste caso que, o discurso en cuestión, non encaixaba con aquel home, que sin ter nada de malo, non tiña ningunha pinta de mestre universitario, iso si, sempre que os mestres universitarios tiveran algunha pinta. Rematou e así por ultimo... FRAGA; con maiusculas si, sen coñas, sen
milongas, a brazo partido, subido a lomos do cabalo branco, agora gaivota,
da perseverancia, do sacrificio, da loita sempre ata victoria, "Vaspaña"
que diria un cañi. Fraga é un especimen a estudiar. Sempre
coa voz desfeita, en precario equilibrio, distante pero cercano, amable
pero mal educado e contestatario. Fraga é a ciencia do político,
e a nada misma o mesmo tempo. Non entendin nada dos mais de oito minutos
de perorata que ali deixou. Nin eu nin o resto nos enteramos de si sí
ou si non, de porque e porque non, de cando nin de como nin de onde, nin
de... de nada. Fraga estivo, e en esencia, non dixo nada. A bueno si.
Calificou, nun momento do seu discurso, os drogadictos de "Morfisonamos",
para rectificar rápido coma un raio e dicir, "Forminomanos".
Outros
artículos de opinión
|
|||||||||
|