voltar

 
 
 
O Web Costa da Morte quere facer constar que as opinións verquidas neste espacio son absolutamente libres e alleas á opinión do noso espacio.

Autor: Roberto Traba Velay
Título: A Señora Peregrina

A peregrina descansa no sofá da casa de Manué. Pouco a pouco fóronse pechando os seus ollos de avelá, redondos como botóns, curiosos como os dunha meniña que empeza a olla-lo mundo, despertos, intelixentes, como os da rapaza espabilada que atende a todo o que pasa, pero sobre todo profundos como os da muller enigmática que che mira sen que saibas por que, nin como, nin en que pensa.

A peregrina ten o pelo castaño e nestes intres, tumbada no sofá da casa de Manué, está ausente de todo, nin sabe que está durmida. Si sabe que está cansa despois de tanto tempo camiñando pola ruta de Santiago ata Fisterra cos uns e coas outras parece facerse compaña nos días de frio e noites craras de inverno ás veces.

A peregrina, de cando en vez, abre os ollos nervosa e, sorrindo, dinos que está feita polvo e que non pode evitar rendirse á chamada do sono, e eu e Manué que sentamos na mesa, a un lado do sofá, entendemos esas explicacións sen palabras que ela nos tranmite entre a fronteira da vixilia e do sono.

Ata o de agora non sabemos como chegou a Fisterra, nin con quen ven, nin tampouco de onde, iso que entende tódolos idiomas e se é Manué quen lle fala e dille por exemplo en catalán: 'Vixa sisplau', a peregrina achégase a xunto del agardando a ver se lle di algunha cousa máis. Se non é o pintor son os fillos de Paul e Lía de Ridder os que a chaman con estrañísimo acento: 'Pilikrina Kome Heer'. Ela, dicíndolle adeus ó artista, acude toda disposta a xogar cos rapaces a calisqueira xogo que ós pequenos selles ocurra. Paul vive en riba de Manué, é un reporteiro que traballa para a VPRO, a cadea de radio holandesa que vai a facer unha reportaxe da Costa da Morte. Desde que chegou a peregrina remataron as dificultades de adaptación dos seus pequenos fillos, que a teñen como se fora unha madriña.

A peregrina acaba de espertar e aínda ausente estírase sen importarlle a nosa presencia, abre as orellas que as ten grandes e picudas, como as de un gremlin, e lánzanos unha mirada infinitamente cautivadora que fai que o meu colega ata diga: 'Semella unha persoa'. Sen que ninguén saiba como, nunha fracción de segundo a cadela palleira con pedigrí xa está movendo a súa pequena cola recortada e lambendo os pes e as mans do seu benefactor, que non de seu dono. A peregrina deixouna aquí algún peregrino con mala sangue que tamén os hai, pero agora, despois de tanto tempo, xa ten casa nova, está no xardín da casa de Manué e cun letreiro que pon 'O albergue'.

Outros artículos de opinión

Pode vostede enviar os seus comentarios e opinións, remitindo un correo electrónico a 'Opinión desde o Finisterrae'.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Lugares
Natureza
Que facer?
Contos
Pousada
Tenda
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com