voltar
Novas sobre a Costa da Morte
 
O Web Costa da Morte quere facer constar que as opinións verquidas neste espacio son absolutamente libres e alleas á opinión do noso espacio.

Título: O Animal

Que quede claro de anteman, que non pretendo hoxe facer louba algunha de ninguen, nin tampouco bitupendiar figura algunha. Mais ben penso, que estou na necesidade de falar, dunha persoa, dun alcalde, o que ainda non lle teño de todo collido as voltas, nin penso que chegue a terllas nunca. Vou falar de alguen con nome, apelido e cargo, algo que non me gusta moito, pero que me parece necesario a vista de varios sucesos últimos.

Hoxe quero falar de Rafael Mouzo Lago, alcalde de Corcubion. E este un perxonase que leva en política a tira, casi tanto tempo coma a democracia, mellor dito mais. Leva toda a vida democrática do concello de Corcubion, exercendo a alcaldía. Non von aquí a decir ou xulgar si o fixo mellor ou peor, porque en principio non me creo na posición de facelo. Pero si vou falar da persoa, e do que a min me parece, un "animal político" en esencia. Para analizar políticamente a Rafael Mouzo vai ser preciso, o meu ver, ir punto por punto dunha serie de fundamentos, o meu parecer, ineludibles, para consolidar un bo político. Así que imos alo;

Honestidade: Primeira dubida. Non sei moi ben si se pode decir deste político que sexa unha persoa honesta. O que se podería decir e si tenta selo, e parece que si, a vista de datos coma o da sua dedicación o cargo, o aberto das suas posturas, e a mención constante nos seus discursos a necesidade de que as políticas municipais sexan transparentes, e coñecidas as suas xestions. O que me parece a min é que os discursos, en demasiados casos, levaos o vento, e esta persoa non é unha excepción. Que Rafael Mouzo apele a transparencia, a moitos lles sona xa a chiste, pero a min non. Porque a gravidade de afirmarse neste argumento, para non cumplilo, incumpre tamen para min este primeiro fundamento do bo político, a honestidade. Rafael Mouzo "parece" honesto, pero ¿é?.

Honradez: É esta unha das condicions mais incumplidas do meu decalogo da condición ideal do político. Incumprida pola inmensa maioria dunha clase política débil, falta de valores e ideais, que o único que busca é o pelotazo por arriba e a notoriedade por abaixo. Non sempre, certo, pero si neste caso. Rafael Mouzo era honrado. Múltiples exemplos o confirmarían, en décadas de acción política o fronte dun partido do mais apaleado, polos que agora se fan chamar demócratas, en seculos de historia. Ser nacionalista é coma unha moda para todos, menos para xente coma Rafael. El é nacionalista. Mais que coma unha posición, coma unha condición. Fora de modismos. Pero seguir firme nunha pretensión, non sempre fai que se alcance a honestidade. E novamente unha sombra de dubida se cerne sobre esta valoración, a vista dos últimos acontecementos acaecidos en Corcubion, que me fan chegar a pensar, que a honradez tamen e dúctil e maleable, coma os ideais. Cambiante. As reiteradas saidas de tono, as declaracións explosivas, a triste caída dun astro da política na bisbarra, me entristecen. Porque a min non me gusta ver caer a un mostro político, e moito menos velo perder valores que moitos xoves adquiriron a raíz de coñecelo a el.

Traballo: Mouzo Lago é traballador. Tal vez non no sentido corrente que lle damos a este termo. Pero o que esta claro é que este alcalde non para quieto. De todolos xeitos, o debate chega cando alguen pregunta; ¿para quen traballa?. Uns din que para o seu beneficio, outros indican que mira mais fora do seu concello que neste. E outros, os últimos, indicaran que o noso home e unha persoa preocupada pola sua vila, e atenta ademais a outras cuestions de diferente indole. Un galimatías que me deixa a min polo menos, mais ben frío. Porque ¿que podo eu decir dun alcalde que pasa tan pouco tempo na oficina municipal, coma constatan as múltiples esperas as que se ven abocadas aquelas persoas que queren tratar asuntos do concello con el?. E eso cando non esta en Cuba, Arxentina, ou no Libano. Si, visita estes lugares, e ali reunese con emigrantes, concerta encontros con mandatarios locais, ou busca formas de financiamento global. Pero, ¿seguro que esta facendo esto?, ¿ seguro que busca estas saidas?. Novamente sombras.
E por ultimo:
Seriedade: E por ende, sensatez. Para min as duas cousas van parellas. Non sei si sera polos seus públicos e notorios problemas de saude, ou por cuestions de tipo fraudulento, ou polo moito tempo que leva gobernando. Non sei por que razón, a falta de seriedade neste alcalde, se mostra cada vez mais, coma o seu punto débil nos últimos tempos. Porque é ven coñecido que cando se quere montar algun tipo de lío político, ou mover un pouco o cotarro neste senso, os xornalistas locais ( a min mo teñen contado moitos) chaman a Rafael e pidenlle opinión. E así se monta o valbordo. Saidas de tono, declaracións sen sentido, argumentos peregrinos, traidos de tempos mais difíciles pero ainda non esquecidos. A lista de improperios que Mouzo Lago é capaz de aportar as liñas de prensa, ou as ondas de radio, é grande por non decir inmenso, sobre todo nos últimos tempos. Rafael Mouzo opina que os demais se equivocan, e non sempre é así. As veces quen vai en dirección contraria é el, e para unha persoa que gusta de indicar que rectificar é de sabios, este tipo de bagaxes non me parecen loxicas.

Coma conclusion diría de todolos xeitos que o eterno alcalde de Corcubion, e un temible rival político. Temible polo seu control extremo da oratoria ( é un grande orador). Tremendo pola sua basta experiencia política. Terrible porque é unha persoa cultivada, instruida, e con rapidez de argumentación, algo que se vota moito en falta na nosa política local. E, finalmente, tremendo porque, sinceramente, Rafael Mouzo Lago e unha persoa de tal complexidade política, que desentrañar a maraña de anos de traballo político, e profundizar na figura para acadar argumentos suficientes que permitan derrubar o "animal" e poñelo a nivel dos mortais, e tarefa de elementos de alta política, que non so non se dan aquí, si non que penso incluso que non se chegaran a dar en moito tempo. Polo menos, seguro, agora so existe un (unha) que poida estar a esta altura, pero se ocupa de cousas distintas, e nunca tera un enfrontamento directo. Mouzo Lago e indestructible. Eso si, tan so, coma político. A persoa, por desgracia, leva destruida dende que naceu o "animal". O doutor Jekil, foi devorado por Mister Hayd.


Autor: Pepe de Lou. O veciño cabreado.


Outros artículos de opinión

voltar

Pode vostede enviar os seus comentarios e opinións, remitindo un correo electrónico a 'Opinión desde o Finisterrae'.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Lugares
Natureza
Que facer?
Contos
Pousada
Tenda
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com