|
|
![]() |
Título: De agora en diante E agora que?. Despois de varios días de tensión política, comeza a verse de que pasta esta feito cada un. As situacións de crise teñen esto, i e que cando os nervios afloran, non hai forma de esconder o que un realmente pensa. Para eso hai que ser moi bo, e os políticos da costa da morte, son todos moi malos. Todos agoireiros, todos entendidos, si, pero malos xestores, malos políticos, e o que é peor, nalguns casos, malas persoas. Si, malas persoas, porque algunha das cousas que se fixeron, señores, non son para facer, e vostedes me entenden. Non se minte, non se engana, non se rouba nin se bitupendia a ninguén por un maldito sillon. Non se falta a amizade, non se é infiel a un proxecto ou idea, non se vai pola rúa de campión, cando por detrás se é un merda. E todo esto que digo se fixo aquí, e a imaxe que queda, señores concelleiros, e penosa. Moi penosa. A costa da morte non entende de pactos de cabaleiros, porque non quedan cabaleiros, nin honra nin ríspeto. Unha vergonza señores. Pero o mais triste señores e señoras, que as hai aínda que poucas, e que outra vez estamos nas mesmas. A vontade democrática dos veciños, "a la mierda", o respeto as institucións democráticas, vendidos, os bos modos do dialogo e o debate publico, unha mofa. Esto así, nin nos beneficia nin nos vale a algúns, polo menos, os que queremos que dunha puñetera vez se fagan as cousas ben de verdade. Que cada vez que queremos levantar un pouco temos que meter a pata como gilipollas. Pois nada, seremos gilipollas. E agora digo eu, ¿e agora que?., Porque o parecer aquí paz e despois
gloria. Escomulgaremos a algún, deixaremos de falarlle a outros, pero
nada se aprendeu polo visto, e a vista de como esta po animo, aínda por
enriba, imos de chulos. Pois nada, sigan así señores concelleiros, que
despois pediran respeto cando lles pase algo a vostedes. O mellor alguén
lles fai caso nos vindeiros comicios, pero eu non vou a ser un dos que
llo faga. Gracias por nada e boas tardes... "señores concelleiros"-
Autor: Pepe de Lou (O veciño cabreado).
Outros
artículos de opinión
|
|||||||||
|