voltar

 
 
 
O Web Costa da Morte quere facer constar que as opinións verquidas neste espacio son absolutamente libres e alleas á opinión do noso espacio.

Autor: Pepe de Lou (O veciño Cabreado)

Que magoa. Este mes tiven que ver diversos exemplos de como non se fai política nas corporacións municipais. Ben, nalgún caso nin siquera o vin, se non que mo contaron o cal agradezo sobre maneira, porque a min esas cousas póñenme realmente nervioso.

O parecer en certo concello, de cuio nome non quero lembrarme, nunha ampla chaira vivía un caudillo dos que rompe e rasga, que con man de ferro, cetro poderoso e adarga antiga, facía da súa capa un saio facendo sempre a súa vontade alo onde lle parecía oportuno. Sen querer abusar de diezmos, dereitos de pernada e outras andainas, este señor feudal non era quen dos usos habituais da democracia, é decir, o diálogo aberto, a charla constructiva, os debates longos e meditados, en fin as boas costumes do xogo polítcio, algo habitual nos feudos veciños (Nalguns).

Un mal día, este señor da súa casa, decidiu que no salón do seu castelo falase quen el quixera, cando el quixera, e o que é peor, movesen os seus membros superiores coma a el lle parecera, dentro da súa mentalidade obtusa de señor feudal, medieval, triste e rememorador doutros tempos non moi lonxanos, nos que presencias coma esta eran habituais por non decir norma xeral. Todo esto estaba prohibido pola lei do país, pero doulle exactamente igual. El decidiu prevalecer en todo momento, e así, no seu entendemento, facer a vontade daqueles que o elexiron para dirixilos, e que nalgúns casos estarán agora a arrepentirse da decisión tomada. Este pequeno relato so pretende dar a coñecer o perigo das maiorías absolutas, sobre todo no municipal, e cando son mal entendidas por parte do rexedor de turno. Esto que sucede se me menean os contextos nos que fun criado eu, e outros moitos, de igualdade, liberdade, e prinicpios democráticos. E se esto segue a suceder, o mais triste, tristísimo. Coñezo un val, nunha terra remota, no que a democracia ven de sofrir o mais importante e descoñecido dos barapaus dos últimos anos. E coñezo un alcalde... Sinto moita vergonza allea polo sucedido. Moita. Ata a vindeira quincena. Un saudo.

Outros artículos de opinión

Pode vostede enviar os seus comentarios e opinións, remitindo un correo electrónico a 'Opinión desde o Finisterrae'.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Lugares
Natureza
Que facer?
Contos
Pousada
Tenda
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com