MERCADO DE FUTUROS
 
  O mercado de futuros é un mercado no que se negocian distintos productos, sendo unha negociación presente, a un prezo presente, pero sobre produccións futuras. É dicir, áchase un prezo medio diario, en función das transaccións realizadas neste mercado.
 
  Por exemplo: Se temos a información de que no día 3 de outono está a cotización da pataca ao 28 de abril, a 60 pesetas, isto quere dicir que hoxe se ofertou mercar a producción do ano que vén, o 28 de abril a un prezo medio de 60 pesetas. 
 
 Un exemplo de mercado de futuros son as tradicionais romerias, onde se puxa por levar a función do santo a un ano vista. Márcase un prezo este ano que será aínda válido para o ano seguinte e quen máis puxe será  quen leve a ceremonia. Se o valor de libras de cera co que se adquiriu a función fose variable e puxable de novo cada domingo á volta da misa, teriamos xa o ciclo do mercado de futuros tal e como se coñece agora: 
 
1.- O prezo para un producto do futuro (a romeria da Santo Antonio de fin de maio, por exemplo) é marcado con un ano de antelación (o mesmo dia do santo márcase o prezo de ter a función para o ano que vén) 
 
2.- revéndese periodicamente (cada  feirón, por exemplo) co que o seu valor de cambio (neste caso en libras de cera, que a dia de hoxe teñen un valor de 1 peso por libra) oscila segundo a demanda.
 
 
Para coñecer o prezo da pataca en mercados de futuros envia un mail a: pataca@finisterrae.com
 
 
 
 
 
Breve historia da pataca | A pataca en Galicia | A cómo vai a pataca |
Pataca en Bergantiños | A Festa da Pataca