09:00
Haberá dianas e alboradas. E tamén
comezará a concentración de tractores engalanados na rúa
da pataca.
10:00
Os grupos de baile e de gaitas das AGRUPACIÓNS
DO CONCELLO realizarán pasarrúas e desfilarán as MAJORETTES
DO TEMPLE.
11:00
Divertirémonos co percorrido polas
rúas da charanga N.B.A. e Comparsa de cabezudos.
11:30
Os tractores engalanados comezarán
o seu percorrido.
12: 00
Saúdo do Alcalde a todos os asistentes
e ás autoridades en xeral.
12:30
Misa solemne cantada pola Coral Polifónica
de Bergantiños
13:15
Pregón a cargo do Consellerio de Agricultura
da Xunta de Galicia Excmo. Conselleiro de Agricultura da Xunta de Galicia
D. Castor Gago Álvarez.
13:30
Sardiñas, pan, viño e cachelos.
Actuación de Gaitas e Bailes Tradicionais
das distintas Agrupacións Culturais.
14:00
Entrega dos Premios dos diferentes concursos.
Sorteo de 3.000 litros de gasoil entre os
participantes do concurso de tractores engalanados.
16:00
Concurso "Baile da pataca" coa Charanga N.B.A.
e con premios de 12.000, 8.000, 6.000, 4.000 e 2.000 ptas.
16:30
Concurso da mazá con premios de 12.000,
8.000, 6.000, 4.000 e 2.000 ptas.
17:00
CONCURSO DE CABALOS
Con premios ás distintas categorías:
cabalos de tiro, eguas cruzadas, cabalos cruzados, cabalos pura raza española,
concurso de arrastre e concurso de doma vaqueira.
21:00
Actuación da Charanga N.B.A. na
praza do Concello.
22:00
Gran verbena a cargo da Orquestra EUROPA SHOW.
23:30
Fogos de artificio
00:00
Orquestra EUROPA SHOW. |