 |
En vistas do éxito
conseguido polo noso establecemento, xa fai uns anos que nos
vimos obligados a instalar unha carpa como anexo o noso comedor
habitual, carpa que por suposto ten todas as comodidades para
que vostede se sinta agusto, contando incluso cun sistema de
climatización, que fará da súa estancia
un agradable momento. |
Contamos
con duas plantas, unha baixa na que contamos cun dos bares mais
concurridos da vila, e no que lle podemos servir as mellores tapas
e ración que vostede pode acompañar dos ricos ribeiros
ou albariños.
Para
acceder a pranta alta, poderá ver a nosa moderna cociña,
na que está á súa vista o noso bo xeito de
facer as cousas, e terá a ocasión de contemplar a
preparación de algún dos nosos pratos máis
típicos.
Xa na
pranta alta contamos con dous comedores, acondicionados de un xeito
tan agradable que se sentirá como se estivese na súa
propia casa, co valor engadido de que as vista de cara o mar
son inmellorables.
Si vostede
desexa realizar algunha comida de empresa ou familiar, non dubide
en poñerse en contacto connosco, pídanos presuposto,
e recibirémolo cos brazos abertos.
Tamén
temos unhas instalacións anexas, das que os nosos clientes
poden disfrutar, tales como un Parque Infantil para que os rapaces
non se aburran no tempo que dure a sua estancia entre nós;
contamos asimesmo con amplios aparcamentos propios; un merendeiro
acondicionado do xeito mais tradicional, no que vostede poderá
disfrutar do aire limpo e saudable das terras de Vimianzo;
e por último a nosa cafetería, decorada do xeito galego
mais típico, e na que de seguro a sua estancia lle resultará
moi grata.
Mesón
A Lagoa
Vimianzo
- A Coruña
Tel.
981 71 61 13
Pídanos
máis información on-line:
Enviarémoslle
a nosa carta actualizada de fin de semana por e-mail sen
compromiso ningún. Tamén orzamento para comidas
de empresa e outras celebracións:
alagoa@finisterrae.com
|