castellano

 
Disfrute do mellor marisco e peixe
da Costa da Morte
 
O restaurante Casa Elías, na vila de Buño, pasou de ser unha taberna tradicional a un moderno e elegante establecemento hosteleiro, sen deixar de ser fidel á filosofía que o veu nacer : a exaltación dos mellores productos da Costa da Morte. 
 
 
Desde hai dúas xeracións, Casa Elías ven ofrecendo unha cuidada selección dos productos do mar e da terra da Costa de Morte : mariscos, peixes, carne, caza e cociña de tempada, así como exquisitos postres de elaboración caseira e unha variada adega surtida cos mellores viños.

Casa Elías contribue á promoción da cultura e dos productos da Costa da Morte mediante a organización periódica de xornadas gastronómicas e culturais, con exposicións e demostracións en vivo de artesanía de Buño, encaixe de bolillos de Camariñas, etc.

O restaurante Casa Elías posue un óptimo equipamento : dous comedores cunha capacidade total para 750 comensais, un comedor á carta para 90 persoas, un comedor privado e salóns acolledores, climatizados e dotados de ambente musical. Ofréceselle igualmente os servicios de cafetería, terraza, sala de televisión e aparcamento privado. 


Casa Elías convida ós seus hóspedes a visitar a artesanía local e algunhas das maravillas da Costa da Morte. Desde Buño, a vila oleira máis famosa de Galicia, ata Malpica e a tradición mariñeira que gardan as costas galegas. Desde a ermida de Santo Hadrián e a reserva ornitolóxica das illas Sisargas, ata o dolmen de Dombate e o castro de Borneiro, un dos conxuntos prehistóricos mais importantes de Galicia. A un paso de Buño, encóntrase a marisma de gran valor ecolóxico de Baldaio. E na parte interior das rías de Corme e Laxe está o esteiro do río Anllóns, importante refuxio de aves que se extende ó longo de vinte quilómetros por toda a costa.

Casa Elías
Buño - Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Tel. 981 71 10 49

 

Pídanos máis información on-line:
Enviarémoslle a nosa carta actualizada de fin de semana por e-mail sen compromiso ningún para ceas de dúas persoas. Tamén orzamento para comidas de empresa e celebracións:
 
casaelias@finisterrae.com