Coelho, Paulo
1947.
Alcanzou
sona internacional a partir da publicación de O alquimista
(1988) un relato filosófico do que se venderon xa máis
de dez millóns de exemplares e que foi traducido a máis
de trinta linguas. Coelho, nacido en Brasil e residente en Rio
de Janeiro, escribiu esta novela despois de viaxar por todo
o mundo e, moi especialmente, despois de percorrer o Camiño
de Santiago, experiencia da que tamén xurdiu o seu libro
O diario de um mago (1987). A súa literatura caracterízase
por un forte simbolismo narrativo e pola busca de caminos espirituais
inspirados polo que el chama a lenda persoal de cada individuo.
Tras o éxito mundial de O alquimista, Coelho publicou
outros libros como Na margem do Rio Piedra eu sentei e chorei
(1994), O Monte Cinco (1996) e Manual do guerreiro
da luz (1997). Desde 1997, Coelho é asesor do director
xeral da UNESCO para o proxecto "As rutas da fe".
Volver
a autores
|