Amamos os libros, e ti?
InicioLibreriaLibrosPedidosLigazónsEncargos
 
ALEIXANDRE, Marilar 
Madrid, 1947 
Naceu en Madrid, producto dunha mestura de avóas e avós andaluces, valencianos e madrileños, e vive en Galicia dende 1973, primeiro en Vigo, e agora na Amaía. Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Profesora de Didáctica das Ciencias e Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela. Colaboradora das revistas Nó, Luzes de Galiza e Festa da palabra silenciada. Alterna a literatura xuvenil coa narrativa para persoas adultas. Tamén é autora de numerosas obras sobre o ensino das Ciencias. Como creadora ten publicado: A formiga coxa (colección "Merlín", Xerais 1989), novela xuvenil; O rescate do peneireiro (colección "Merlín", Xerais 1990), novela xuvenil; "Neve na Amaía", en Os contos da campaña (Santiago, Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, 1992); Tránsito dos gramáticos (colección "Narrativa", Xerais 1993), novela; Nogard (Alfaguara-Obradoiro, 1994), novela xuvenil; A expedición do pacífico (colección "Merlín", Xerais 1994), Premio Merlín e Premio da Crítica á creación literaria en galego en 1995, sendo a primeira vez que recae nun libro xuvenil e nunha muller; "A verdadeira historia do rato de biblioteca", en Contos da travesía (Santiago, Biblioteca Nova 33, 1995); Lobos nas illas (colección "Narrativa", Xerais 1996), relatos; "Agardando polos morcegos", conto incluído no volume Antoloxía do conto galego de medo (1996); O trasno de alqueidón (colección "Merlín", Xerais 1996), contos infantís, Premio Rañolas ó mellor libro infantil do ano; A compañía clandestina de contrapublicidade (1997), novela, Premio Álvaro Cunqueiro 1997; O monstro da chuvia (1998), conto. Traduciu do inglés para o galego A caza do carbairán de Lewis Carroll (colección "Xabarín", Xerais 1996) e o poemario Muller ceiba de Sandra Cisneros (colección "Ablativo Absoluto", Xerais 1997). 

Volver a autores
 
 
 
 Librería Libros Pedidos Ligazóns Encargos 
 
trazos@finisterrae.com