Amamos os libros, e ti?
InicioLibreriaLibrosPedidosLigazónsEncargos
 

Sempre en Galiza 
Afonso Daniel Rodríguez Castelao 
A importancia de Sempre en Galiza na evolución do pensamento político galeguista convirtiuna xa nunha obra imprescindible para cálquera galego dos nosos días. Publicada en Buenos Aires en 1944, durante moitos anos estivo prohibida a súa difusión no noso país, o que sen embargo non impediu que chegase a ser un dos libros galegos máis vendidos de tódolos tempos. 
Pese ó ser valor histórico e ó seu significado político, esta é a primeira vez que Sempre en Galiza se edita na patria de Castelao. En 1964 apareceran xa nesta mesma editorial arredor de trinta páxinas que figuraban nunha escolma da súa obra. Intencionadamente, aquela antoloxía chamouse Escolma posible, en parte porque publicar o Castelao que entón se quería era verdadeiramente imposible. 
Facémolo hoxe, conscientes de que deste xeito pagamos unha débeda que Galicia tiña con Castelao. Agora que xa é posible, Sempre en Galiza volve á súa terra de orixe, que é a terra que despertou o amor que inspirou estas páxinas.Nelas está perfectamente resumido e actualizado o credo que profesaron aqueles ilustres galeguistas que puxeron as bases do renacer da Galicia contemporánea.

   

Volver

 
 Librería Libros Pedidos Ligazóns Encargos 
 
trazos@finisterrae.com
 

 
ISBN: 84-7154-542-X
Ed. Galaxia
P.V.P. 1.490 Ptas.

 MERCAR