O
LAPIS DO CARPINTEIRO
Manuel Rivas
O
lapis do carpinteiro é unha historia de amor,
melancolía e liberdade, en tempo de guerra e
posguerra, que chega ós nosos días.
Un
grande amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de
Fronteira, filla dunha familia de ambiente reaccionario
e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor
da beleza tísica e seguidor da teoría
da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos.
Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non
tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona
que verá restaurada a súa condición
de ser humano por obra e gracia de tantas formas de
amor como o lapis do carpinterio lle foi ensinando
a debuxar.
O lapis
do carpinterio é o testemuño dunha traxedia
curativa, unha metáfora de tódalas guerras,
unha loita contra o esquecemento que demostra o poder
salvífico do amor.
Esta
excepcional novela ficará no lector gravada coma
un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata
o mellor da nosa memoria.
|