Amamos os libros, e ti?
InicioLibreriaLibrosPedidosLigazónsEncargos
 

A Vida de Manuel Murguía
Xesús Rábade Paredes

No libro A vida de Manuel Murguía o escritor Rábade Paredes 
consegue achegarnos un dos grandes fundadores do pensamento 
galego, homenaxeado co Día das Letras Galegas no ano 2000. 
Tracexando os fitos da vida do ilustre historiador e primeiro 
presidente da Real Academia Galega, Rábade Paredes esboza na 
primeira parte desta biografía, de maneira clara e amena, o que foi a situación deste intelectual no contexto da época que lle tocou vivir e do que el mesmo foi un dos teóricos importantes. Na segunda parte do libro podemos ver expostas as liñas fundamentais do pensamento de Murguía, en particular as ideas en torno a Galicia, os seus alicerces culturais e a súa definición no conxunto dos pobos da Península Ibérica. Finalmente, na terceira parte, Rábade Paredes recompila textos de diferentes autores que falan de Murguía, 
ofrecendo ó público lector unha sinopse moi útil das perspectivas e 
comentarios máis salientables ó redor do pensador galego. 

 

Volver

 
 Librería Libros Pedidos Ligazóns Encargos 
 
trazos@finisterrae.com
 

 

Ed. Galaxia
P.V.P. 990 Ptas.

 MERCAR