|
Unha viaxe
á procura do solpor. Do Tambre á fin da terra.
Francisco X. Fernández Naval
Non son moi frecuentes
os libros de viaxes en Galicia, e menos aínda nesta comarca.
Sen embargo, a editorial viguesa A Nosa Terra prpúxose
hai un tempo porlle remegio a esta histórica eiva da
prosa galega coa colección as viaxes, pata a que contaron
coas senlleiras plumas dalguns dos escritores máis representativos
do panorama literario actual.
Do primeiro volume fíxose cargo lois Diéguez,
que elaborou unha sentida homenaxe ás almas e ás
terras de Lemos. Pero do senundo, tomou as rendas o escritor
ourensán Francisco Fernández Naval, que, na contrá
do que podería agardarse, non plasmou no papel un percorrido
pola súa comarca natal senón polas de Noia, Muros,
Mazaricos e Fisterra.
Do Tambre á fin da terra é o título
desta coidada obra, feita con agarimo, bo gusto e moita adecación,
non so por tarte do autor senón tamén da propia
editorial.
Nótase, nas súas páxinas, que Fernández
Naval pescudou nas raíces históricas destes munucipios,
leu cronistas e portas locais, percorreu os camiños dos
antergos, deitouse silandeiro e cheo de respeto coa orella pegada
ás pedras marmuriantes do pasado e, claro está,
durmiu é intemperie, rodeado polos corvos salvaxes do
Xallas de Eduardo Pondal, nalgunhas das máis fermosas
paraxes da zona, coma o mítico monte Moa do Pindo (Carnota).
Dende alí, tal como o propio escritor ourensán
relata na súa obra, "asintín a un dos máis
fermosos menceres que pode imaxinar i home, vendo como o sol
alumeaba coa primeira luz as terras altas, a Uroa, o horizonte
do mar na lonxanía, quedando no centro un espacio de
sombras polas que regresaban ós caboucos todos os seres
das lendas e dos soños.
Volver
|