castelan english

 

ALUGAMOS TODA A CASA, o que a fai moi recomendable para familias ou grupos de ata seis persoas.
A casa conta con terreo propio, o que lles permitirá pasar fermosos momentos ó aire libre.


Para o seu servicio, contará con garaxe, terreo propio, servicio de bicicletas e grella artesanal.Para os rapaces ofrecemos un RECUNCHO INFANTIL, con biblioteca e xogos para os cativos.

CON CALEFACCIÓN


Disfrutará de tres dormitorios (un dobre e dous de matrimonio), berce, un baño completo, un aseo, faiado, cociña perfectamente equipada, plancha, lavadora, e salón comedor. Dispoñemos tamén de mesas e sillas de terraza, para disfrutalas baixo unha fermosa parra.


Situada en Lires, Cee (A Coruña), nun enclave rural cheo de natureza e tranquilidade, a un par de minutos da praia e con vistas á ría.


O emprazamento é idoneo para practicar sendeirismo e surf.
A dez minutos de Cee, é unha zona ideal para os amantes da pesca de mar e de río, tanto no río Castro como no Lires, ríos moi apreciados para os pescadores en temporada.


VIVENDA TURÍSTICA VACACIONAL


PREZOS
(Todo o inmoble/día)
Temp. Alta
Temp. Baixa
12.000 pts/día
10.000 pts/día
Consultar prezos para máis de 5 días, efectuamos descontos

¿COMO CHEGAR?

ENDEREZO POSTAL DE CONTACTO:
R/ Escola, 38
15270 Cee, A Coruña, Galicia
(Spain )


Información e reservas:
en horario de 14:30 a 23:00 h. nos teléfonos:
981 746 335

Teléfono Móbil:
655 148 742


CHÁMENOS !!!