Castellano · English


Coas Illas Sisargas sempre á vista, na nosa casa vostede poderá disfrutar dunhas vacacións ideais, nunha das zonas máis fermosas de Galicia.

A Casa da Sebe está a 600 metros da praia, e do porto de Barizo, un pequeno porto pesqueiro con moito encanto.

Situada a unha hora en coche de Coruña e Santiago de Compostela, e con todas as comodidades dun espacio tranquilo e fermoso,
moi fermoso!!!

Ademáis somos un lugar de partida perfecto para coñecer a lendaria Costa da Morte.


Estamos na estrada que vai ó faro de Punta Nariga; temos sempre presentes as Illas Sisargas (as cales poderá vostede visitar se o desexa); temos piscina; 1200 metros cadrados axardinados e vaiados, ideales para que os nenos disfruten e os pais estean tranquilos; pode facer cicloturismo, rutas a cabalo, practicar a caza nun coto permanente, a pesca fluvial, sendeirismo... en fin.

Acérquese e disfrute.


Cinco habitacións dobres con baño están esperando por vostedes.

Como poden ver a casa está recen restaurada e conta con todas as comodidades, así como unhas modernas instalacións que respetan o ambiente tradicional.



COMIDA CASERA E MARISCOS DA ZONA

Do mar á cociña, e da cociña ás mesas do noso comedor, onde vostede poderá disfrutar dos mariscos, pescados e productos do campo máis naturais e frecos que se poida imaxinar.

E para aqueles días que teñamos a sorte de disfrutar dun dos impresionantes temporais de inverno, contamos cunha lareira de pedra no salón e cunha sala de xogos.

Contamos cun espacio perfectamente adaptado para os días de praia e para a paz dos días de inverno.


PREZOS
Habitación doble
Supletorio
Almorzo
48,08 €
15,03 €
3,61 €

OFERTA
DO 1 DE OUTUBRO AO 3 DE NOVEMBRO
Duas noites en habitación doble, con almorzo e media pensión:
70 € por parella/noite
(mínimo 2 noites)
En novembro non ofrecemos o servicio de comidas e ceas por vacacións do persoal. Oferta non acumulable.

REALICE A SUA RESERVA

O Castro - Barizo

15113 Malpica de Bergantiños - A Coruña (Spain)

Teléfono: +34 981 720 655 · Móbil: 639 089 972

Fax: 981 707 165

casadasebe@finisterrae.com