|
| PLANO
CONTRA INCENDIOS
Por Constantino Moreira Leis 1. Introducción 1.1. Para coñecer o problema remontámonos no tempo. A partir do último século rompe o equilibrio entre o home e a natureza, sendo O LUME a principal causa do deterioro ecolóxico. 1.2. Emprincipiando no século abunda a miseria e a pobreza, sobre todo na zona rural de Galicia. A xente vive do cultivo para o autoconsumo e a pequena gandeiría, complementada nalguns casos cos beneficios do monte, que ten como especies arbóreas o carballo e o castiñeiro. A louza que alí medra aprovéitase para estrar os animais amais para estercar as leiras. Tamén hai medianas e grandes manadas de ( controladas as de ovinos e semiceibas as de equinos e vacúns) que fan por diminuir os fieitais e silveirais. 1.3. Coa Revolución Industrial e a masiva emigración cara a paises centroeuropeus, aló polos anos cincuenta, deixa de existir unha man de obra barata que atenda a este gando e que limpa tamén os montes. Coas divisas procedentes da emigración medra o nivel de vida e a xente deixa de depender da industria madeireira como única fonte de recursos. Ao mesmo tempo, as plantacións de castiñeiros e carballos (que facilitan os pastos nos montes) son substituidas por piñeiros e máis tarde por eucaliptos, que consiguen un maior crecemento, con un risco maior de incendios (estas árbores facilitan o medre da louza e deterioran o pasto do gando, e é asi como aumenta o perigo). 1.4. Por outra banda, a reforma gandeira, baseada na crianza selectiva e masiva (vacún) dificulta a combinación con outro tipo de gando e déixase de aproveitar a louza para abono. 1.5. Despois de esta introducción, chegamos a dúas conclusións: 1.5.1. Debido á gran cantidade de louza existente nos montes, dificulta en grande medida a Extinción de Incendios, que na maioria dos casos son provocados. 1.5.2. Os montes están abandonados á súa sorte, pois actualmente só se busca os beneficios que poida xerar a venda de madeira, o que implica que cada vez máis haxa plantacións masivas de especies arbóreas de medre rápido, buscando a rendabilidade nun menor prazo de tempo, facendo de Galicia unha GRANXA DE ARBORES. Esta teoria é compartida por Greenpeace,
que a fixo pública nunha nota de prensa con data 13-11-97 no Faro
de Vigo.
Constantino Moreiras estará presente nas
III Xornadas sobre Montes e Medio Ambiente o 25 de este mes en Gondomar
(Pontevedra) ás 18:30 compartindo mesa redonda con D. Juan Carlos
Pastor Rey, Subdirector Xeral do Servicio Contraincendios e D. Xosé
Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades
de Montes.
Para poñerse en contacto telefónico
ou escrito con Constantino Moreiras, envie un mail a: costadamorte@finisterrae.com
|