Mozo porteño presenta  revolucionario sistema para acabar cos incendios
Costa da Morte Web fai público un avance da proposta, centrada na  creación de emprego e a mellora do medio ambiente.
  
Afonso Xabier Canosa  

Constantino Moreira é un grande coñecedor dos problemas da erradicación do lume. Coñece moi de perto a gravidade dos danos que cada ano perpetran os incendios forestais. O mozo porteño é autor de un pormenorizado estudio sobre o aproveitamento económico dos montes, alén de  un perfecto coñecedor da Costa da Morte.  

O vindeiro 25 de abril presentará publicamente o seu estudio, no transcurso dunhas xornadas organizadas pola mancomunidade de montes do Val Miñor en Pontevedra e patrocinadas, entre outras entidades, pola Caixa de Vigo, Caixa Pontevedra e Conselleria de Medio Ambiente. 

Constantino foi convidado a participar nunha mesa redonda na que falará acompañado das máximas autoridades na materia. Nas xornadas estarán presentes arqueólogos, apicultores, membros de mancomunidades e técnicos do goberno autónomo.  

A proposta de Constantino Moreira parte de unha reflexión histórica sobre a ruptura do equilibrio home-natureza e as implicacións que a revolución industrial tivo no contexto galego. A partir de estas premisas globais apuntala un proceso de actuación en tres fases: unha primeira de elaboración de un plano de emerxencia, unha segunda de rendibilización do monte e unha terceira para gañar espacios naturais protexidos onde volvan abundar os porco teixos, como o da foto. 

A Costa da Morte Web ten o pracer e a honra de presentar en exclusiva un avance do traballo de este mozo que presenta solucións para comezar a traballar. 
 


Calque aqui para ler a introducción do
PLANO CONTRA INCENDIOS
 
 
Hai hoxe oito dias
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com