|
DESCRIPCION
DO CONXUNTO HISTORICO ARTISTICO
Un
paseo a pé, percorrendo as rúas de Corcubión,
permite descubrir con detalle a histórica nobreza de moitas
familias de Corcubión, así como o encanto da arquitectura
popular mariñeira de Galicia, nas típicas casas de galerías
e balcóns.
Na
praza poden observarse algunhas edificacións de notable interese,
como a denominada Casa Miñones, levantada no 1899; nela fúndense
os caracteres da arquitectura tradicional galega cos rasgos do estilo
Modernista imperante no momento. Outro exemplo exposto é
a fermosa Casa do Xulgado. No extremo septentrional atópanse
tres pazos vilegos, residencia de rancias linaxes fidalgas (os Figueroa
e Porrúa, Pose Bermúdez e Varela, Dios e Pose …) tal
como delatan os blasóns dezaoitescos. A rente sitúase
a Capela do Pilar, construida en 1931, hoxe convertida en Auditorio
Municipal.
Tras
da Praza, na chamada Horta de Pol, érguese o edificio do
que fora a Fundación José Carrera.
A
rúa Antonio Porrúa é unha cotiá mostrá
do facer constructivo do estilo popular de finais e principios de
século, non en van esta antiga Rúa Real foi ata 1860
a única vía de acceso á poboación, tendo
o seu comezo no límite co Concello de Cee no Cruceiro de
Valdomar mandado construir en 1700 por Domingo Valdomar. Na Rúa
de Perigos observamos unha tradicional fronteira portegada cun traballado
balcón que albergou o Pósito Marítimo. Ascendendo
por esta rúa chégase ó Cabo da Vila, onde se
atopa a Capela de San Antonio, erixida no 1700. Dende un pouco máis
arriba disfrútase dunha inmellorable vista de toda a vila.
Situados
na praza de Castelao indo cara a igrexa, atópase o Pazo dos
Condes de Altamira, señorío xuridiccional de toda
a Comarca que hoxe conforma o Partido Xudicial; o edicto primitivo
levantouse a finais do século XV, nel achábase o cárcere
e a sala de audiencias do xulgado señorial, sufrindo con
posterioridade múltiples modificacións. Perto da igrexa
ubicouse un pequeno hospital fundado polos condes, para dar acollida
os peregrinos que seguindo a ruta Xacobea se dirixían a Fisterra.
A
igrexa parroquial de San Marcos é románica na súa
orixe e no seu trazado. O volume principal deste templo foi construido
a mediados do século XIII ou posteriormente, mentres que
a súa fachada e o seu campanario de estilo neogótico
reedificáronse recentemente, tras ser destruidos por unha
tormenta en 1885. Os restos da primitiva porta oxival poden verse
inmediatamente despois de atravesar a entrada actual.
No
exterior da igrexa poden admirarse unha serie de canzorros con representacións
humanas, demos e animais.
No
seu interior gárdase a impresionate talla do Evanxelista
San Marcos da Cadeira (por estar sentado) vestido como un Dux Veneciano;
no respaldo da talla aparecen gravados os símbolos heráldicos
dos Condes de Altamira, Rodrigo de Moscoso e Xoana de Castro.
Saíndo
da Praza en dirección a Fisterra, axiña se divisa
o antigo Cárcere do Partido Xudicial, situado na entrada
do porto e erguido no 1858, a pesar de ter sufrido moitos arranxos,
conserva o seu aspecto e estructura orixinaria, incluída
a pequena capela.
O
porto tamén é un fiel reflexo da historia de Corcubión,
reconstruido e ampliado logo de ser desfeito durante a Guerra de
indepencia, o porto de Corcubión foi de grande importancia
estratéxica debido o trazado da súa ría.
Seguindo
a estrada e tomando o desvío xunto ó cemiterio, extendese
na outra veira da estrada a praia de Quenxe, cos restos de antigas
fábricas de salazóns e da Compañía Xeral
de Carbóns; unha pista a dereita que se dirixe a Oliveira,
deixanos no Monte do castro de Quenxe, construcción en forma
ovalada para mellor aproveitamento da luz solar. Só conserva
unha parte da plataforma sita na acrópole onde están
soterradas ás vivendas e a muralla defensiva realizada con
bloques de granito. Teñense atopado na superficie algúns
anacos de cerámica castrexa e romanizada, o que permite datar
este xacimento nos séculos próximos o cambio da Era.
Contemplando
as excelentes vistas voltamos á estrada que nos conduce ata
o Castelo do Cardeal, sito na antiga punta do cantelo. Esta pequena
batería data de 1741, dotada de 12 pezas de 96 homes; a súa
misión consistía na defensa da ría co seu veciño
Castelo do Principe situado o outro lado da mesma. Mais adiante
achegámonos Cabo de Cee edificado no 1860.
Abeirando
a península chegamos á parroquia de Redonda, onde
se atopa a igrexa do mesmo nome, a construcción data de finais
do século XII, so conserva da súa orixe románica
o ábside rectangular, unha fiestra moi enxebre no testeiro
ou arco semicircular peraltado sobre dúas semicolumnas do
altar maior e uns curiosos canzorros a base de estilizados vexetais.
No inteior gárdase unha talla de San Pedro da Cátedra,
do século XV, que presidía o retablo do Altar Maior.
O conxunto péchase cun cruceiro levantado no 1689 seguindo
un modelo moi extendido na comarca.
|
Para
máis información:
CONCELLO
DE CORCUBION
Avda.
da Viña, 1
Tfno:
981 74 54 00 - Fax: 981 74 71 00
15130
A CORUÑA
correo@corcubion.dicoruna.es
|
|