Especial do Camiño a Fisterra e Muxía

entra e xogaO Espacio Oficial dos oleiros

Urbano Lugrís, pintor do mar.Visite o especial sobre Urbano Lugrís.

Vº Simposio Pondaliano Vº Simposio Pondaliano
1999.
- Nº 100
conhecenos mellor

Merque os seus libros e guias on-line

 
 

XA CHEGAMOS Á NOVA Nº 100
Despois de moitos esforzos, aquí está o premio de levar máis de 100 semanas cumplindo o obxetivo de informar sobre o que está a pasar nas nosas comarcas.

Redacción.

Fai xa moito tempo, alá a finais do ano 1996 cando se empezaba a perfilar a idea de crear un espacio sobre a Costa da Morte na rede. Unha vez xuntada a equipa necesaria para acometer o traballo, realizouse esta guía, única no seu xénero.

Desde aquela foron moitas as satisfaccións, e non só a nivel de premios e mencións, sinon a nivel de apoios e recoñecimento entre os nosos propios colaboradores, foi e é moita a xente que está implicada neste proxecto, desde os que axudaron a crealo ata os que actualmente o están mantendo.

Desde a dirección somos conscientes da repercusión que este espacio está a ter para a zona, e sabemos que así o están sentindo tantos os anunciantes, como moitos dos visitantes da Costa da Morte que aproveitan o noso espacio para guiarse na súa viaxe, así como para informarse de que fechas son as mellores para vir. Son xa estampas corrientes as dos turistas coas páxinas deste Web impresas e preguntando onde queda este ou aquel lugar, e cando algún membro da nosa equipa se atopa con un caso destes, enchenos de ledicia.

Desde logo temos que agradecer, como non, a colaboura de Radio Nordés-Cadena Ser, que nos ofrece desde a súa posta en marcha, as novas que vostedes poden seguir puntualmente neste espacio.

Estimado visitante de finisterrae.com, LONGA VIDA Á COSTA DA MORTE, e moitas gracias polo seu interese, sepa que aquí poderá seguir o que ocurre na nosa zona, esperemos que por moitos centos de semanas máis.

Recordámoslle que pode vostede subscribirse ó noso boletín, e recibirá un resumo do que foi, é e será actualidade na Costa da Morte.

 

NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!

Novas do 1997

 

En Fisterra
visite os nosos anunciantes

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares de interés
Espacios Naturales
Que facer?
Leyendas, historia,...
Aloxamento e mais
Economía
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com