|
|
![]()
|
|
A Consellería de Política Territorial paraliza a canteira dos Penedos de Traba Información
ofrecida por Radio Nordés-Cadena Ser.
A Consellería de Política Territorial ven de abrir expediente sancionador á empresa explotacións Graor S.L. que esta a facer os traballos de extracción de pedra granítica na zona dos Penedos de Traba e Pasarela. A consellería resolveu que estas obras non se estan axustando ás condicións que no seu día lle foron impostas á empresa na pertinente licencia municipal. Ademáis para o ente autonómico os terreos nos que se estan a levar a cabo as actuacións da debandita empresa estan calificados como solo non urbanizable, especialmente protexido baixo a denominación de zona forestal. Varios grupos ecoloxistas mostraron xa a súa ledicia por esta nova. Lembrar que a zona dos Penedos de Traba e Pasarela, é unha paraxe denominada como 'Conxunto de interese etnográfica' e a espera da sua declaración definitiva de entorno protexido. Moi pronto poderán ter información detallada sobre este asunto na páxina da Agrupación de Vimianzo 'Adiante Soneira', a cal nos ofrecerá a sua visión deste tema e da campaña que teñen en marcha.
NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!
|
|
||||||||||||||
Para
subscribirse ao boletín de finisterrae.com:
|