Camiño de Santiago a Fisterra

Catalogo de este oleiro de  Buño

Congreso de semióticaComo asistir ó congreso de semiótica.
Urbano Lugrís, pintor do mar.Visite o especial sobre Urbano Lugrís
Olería de BuñoAquí pode gañar unha viradeira.
- Nº 79
Descontos do 10%
 
 

1º SIMPOSIO DE HISTORIA DA COSTA DA MORTE.
Do 18 ó 20 de xuño, celebrarase en Baio (Concello de Zas) este simposio titulado - Mil cen anos das terras de Nemancos, Soneira e Bergantiños -.

M.P.
Carballo

Aproveitando que o máis antigo documento onde se reflexa o topónimo de Terra de Soneira data do ano 899, un dos máximos estudiosos da historia da Costa da Morte, como é Xosé Mª Lema Suarez, auspicia a celebración deste evento que organiza a asociación supramunicipal Neria.

Xosé Mª Lema, dalle a esta xuntanza un caracter de antemán riguroso, xa que ese bo facer teno demostrado en obras como o Arciprestazgo de Soneira e outros, e tamén na corrección deste Web Costa da Morte que vostede está a visitar. De seguro que dará moito de si este evento, do cal vostedes poderán estar informados con asiduidade si visitan este espacio.

As ponencias que se teñen previstas, tratarán desde como se realizaba a asistencia hospitalaria os peregrinos que camiñaban cara Fisterra, ou como evolucionou á paisaxe, do nacimento das comarcas de Nemancos, Soneira e Bergantiños, a onde chegou a revolta irmandiña na Costa da Morte, o arte, a situacion económica, etc.

En fin, uns dias nos que percorreremos a Costa da Morte de Norte a Sur e de Este a Oeste, desde o seculo IX ata o día de hoxe. De seguro que os 18 Euros que costa a subcripción serán ben invertidos, tendo en conta que as máis de quince ponencias que imos ter a posibilidade de escoitar, farán do pabellón de deportes de Baio, unha máquina de viaxar no tempo sen sair da Costa da Morte.

Non so van a ser ponencias, sinón que tamén haberá a posibilidade de escoitar recitais poéticos, realizar excursións, e incluso analisar como se realizaba a caza da balea nas nosas costas, tendo en conta que eran moitos os portos baleeiros os existentes, e que incluso algúns dos portos pesqueiros actuais deben a sua existencia a este fenómeno.

Pois ben, nunca a Costa da Morte tivo tanta aglutinación de congresos, simposios e actividades culturais varias, e nunca ninguen tivo a posibilidade de saber deles en calquera curruncho do mundo, como ten hoxe gracias ó Web costa da Morte, que lle ofrece información puntual sobre o Congeso de Semiótica, o Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas, o Simposio Pondaliano, e agora o Simposio de Historia da Costa da Morte. Pero non nos quedaremos aquí, xa que en breve terán oportunidade de saber máis sobre as vindeiras edicións da Aula da Arte de Verán de Malpica, da Mostra da Olería de Buño, da Festa da Carballeira de Zas, e dos múltiples eventos que se están a organizar nestes intres na nosa fermosa zona, para que vostede poida gozar dun verán entre nós, con algo máis que sol e praia.

NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER, MOITO QUE ESCOITAR, MOITO QUE DECIR...

Novas do 1997

O seu hotel en Fisterra
visite os nosos anunciantes

 

A Lonxa de Malpica moviu mil millóns de pesetas no ano 1998.

Segundo os datos aportados pola Xunta de Galicia, foron once mil millóns de pesetas os que se moveron nas lonxas da Costa da Morte nos últimos cinco anos. Tendo en conta que segundo comenta o alcalde de Camariñas, máis da metade das descargas se trasladan a outros puntos, poden chegar a vintecinco mil millons de pesetas o movemento que xenera a pesca nos nosos portos.


Menos Vacas pero máis sans.

A Costa da Morte perdiu nun so ano 400 explotacións de gando vacún, cifra que se corresponde co número de explotacións existentes no Concello de Dumbría, un dos que maior número de explotacións ten na zona.
Esta desaparición de explotacións correspóndese cun mair saneamento nas reses, segundo os datos da última campaña de saneamento gandeiro.


 
Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com