|
A
comisión executiva perfila o programa do Congreso Internacional
Xacobeo
Fixados os actos en Corcubión
e Fisterra.
Información
ofrecida por
Radio Nordés
Comeza a coñecerse o programa do V Congreso
de Asociacións Xacobeas, que se celebrará en Cee
entre os días 9 e 12 de outubro. Previamente, o domingo día
3 inaugúrase en Corcubión a exposición bibliográfica
da Federación Española de Asociación
de Amigos do Camiño de Santiago: Mil años de Historia...
mil libros para conocerla. Paralelamente ó Congreso, o Auditorio
do Pilar corcubionés acollerá unha exposición de
pintura de Xosé Manuel Yáñez sobre o Camiño
de Fisterra-Muxía.
Fisterra
O luns 11 será o día dedicado a Fisterra. Tralas sesións
científicas, os congresistas desprazaranse ó Faro, para
contempla-la posta do sol e inaugurar unha escultura na honra do peregrino.
A obra consiste nunhas botas esculpidas en bronce. Máis tarde,
na Igrexa de Santa María das Areas, ofrecerá un recital
o cantautor berciano Amancio Prada.
Xa pola noite
terá lugar a cea de confraternización. que estará
amenizada polo artista Jesús Botana, e onde se degustarán
productos típicos da Costa
da Morte. A xornada rematará cun desfile de Liño de
Galicia, que contará coa colaboración da deseñadora
Charo Carrillo.
NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE
VER!!!

visite os nosos anunciantes
|
|
Congreso
de Semiótica
Os
trescentos expertos participantes no Congreso
Internacional de Semiótica percorreron a Costa da Morte
o mércores 27. O escritor chileno Jorge Edwards presentou
a súa ponencia plenaria, Milenarismo Chileno, na igrexa
de Santa María das Areas (Fisterra). Entre os participantes
no congreso estiveron Jean Baudrillard e Umberto Eco.
|
|
Palangre
O
sector palangreiro de Muxía
convocou unha mobilización para o vindeiro día
15 de outubro ante a sé da Consellería de Pesca
de Santiago de Compostela. Previamente, o sábado 2, celebrarán
unha asamblea popular na Casa do Concello.
|
|
Centro
de rehabilitación
A
asociación de axuda ó minusválido íntegro
proxectoua a construcción dun centro de rehabilitación
integral. Estará ubicado en Nantón (Cabana), nuns
terreos cedidos polo concello. O orzamento estimado é de
177 millóns de pesetas e o tempo estimado de construcción
de dous anos.
|
|