A FESTA DA BARCA
A festa da Barca de Muxía  é a mais importante das romerías galegas.
 
Veña a abalar a pedra, o 10, 11, 12 e 13 de Setembro.
 
  
 
 
 

Esta Festa da Barca de Muxía, é unha antiquísima celebración de culto, que sigue ainda nos nosos días, congregando a unha cantidade inxente de feligreses que acuden o Santuario da Barca a abalar a pedra, e pasar por debaixo da Pedra dos Cadrís, pedras que según se pensa teñen propiedades curativas, e chaman a solidaridade da  xente, xa que si os que se poñen enriba da pedra d'abalar non se coordinan, esta non se move. 

Pero o tempo foi creando unha festa paralela a festa relixiosa, e converteron esta festa na romería mais importante da Costa da Morte, convertindose en punto de encontro para todos os xóves de toda a Costa da Morte, xoves que chegan a Muxía a milleiros o sábado á noite, para estar ata ben aberto o día bailando e disfrutando dun ambiente imponente e cheo de alegría. Por eso se poden ver todos os anos esceas curiosísimas, ó mezclarse a xente que regresa da festa e a xente que vai para os actos litúrxicos do santuario. Festa no máis amplo senso da palabra.

NON DUDE EN VIR, 
SEXA CAL SEXA O CARIZ DA FESTA QUE PREFIRA.
 

Dentro da programación deste ano, está prevista a asistencia de Arsenio Iglesias (O Zorro de Arteixo), que será o encargado do pregón das festas.

- Verbenas e demáis.

Aínda que xa moito antes do día 10 a xente se está achegando ó Santuario da Barca para asistir ós actos relixiosos, é o venres cando darán comezo as festas no que á súa parte lúdica se refire, contando este mesmo día coas orquestas Los Satelites e Master, que amenizarán a verbena, os encargados deste menester ó día grande serán Solano, Océano e Master; para o que ainda resista despois de pasar toda a noche bailando, o domingo contamos coa actuación estelar de Marcela Moreno, e a Orquesta Pasarela, pero isto non é todo, xa que para os aventaxados ainda temos verbena o luns a cargo de Super Combo e Angel Israel.

A Comisión de Festas está presidida este ano por D. José Caamaño Lema, e conta cun presuposto superior ós 13.000.000 de pesetas. Unha gran parte deste presuposto invertirase, como non, en polvora para anunciar os festexos e en fogos de artificio, que se realizarán todos os días, tendo dous momentos cumio, un o sábado a medianoite e outro o domingo pasado ó mediodía, cuando se lle prenda lume a unha traca de 700 metros de longo, a cal é considerada por nós como a máis longa de Galicia.

Estimados señores e señoras, queremos que non se perdan as nosas festas por nada do mundo, xa que de seguro será algo que non olvidará xamáis, e para iso contaremos también cunha festa continua que nos crearán a Charanga NBA, a banda de Gaitas de Laza, a banda da Arca, a banda de As Pontes, a banda de Negreira, ...

ESTÁMOLOS ESPERANDO
 
 
 
A MÁIS POPULAR DAS ROMERIAS GALEGAS
 
 

Veño da Virxe da Barca
da Virxe da Barca veño
veño de abalar a pedra
de abalar a pedra veño
   
 Para máis información chamar ó Concello de Muxía
Tfno: +34 981 742 001
Fax: +34 981 742 298