BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 23/10/2017
Man por Man

¿Quén non lembra aquela pequena e entrañable libreta que o famosísimo Alemán de Camelle poñía a disposición dos visitantes do seu museo para que deixasen nela, como testemuña da súa visita, un debuxo, unha frase ou o que se lles pasase pola cabeza ao admirar a súa obra? 

Pois ben, con motivo do primeiro aniversario da morte de Manfred Gnädinger, nace a iniciativa de crear unha libreta que viaxará por Galicia recollendo palabras na honra da obra de Man e finisterrae.com quere sumarse a dita iniciativa poñendo a disposición dos navegantes unha libreta virtual na que podes deixar as túas mensaxes.

Engadir mensaxe








19-05-2015 · [ JMPG ]
www.museoman.com
19-02-2015 · [ Elena ]
Man, I am sorry
28-12-2014 · [ Andrés Ortiz ]
Man, acabo de coñecer a túa historia, e impresionoume tanto que agora, dende a ventá da miña casa (nunha cidade de Galicia onde non vexo a costa) só podo ver o mar, batendo contra as rochas dos cantís, e a inmensidade do océano, berce de tantas historias fantásticas, de soños e da imaxinación, e creo que foi por isto polo que ti te enamoraches de Camelle, pola liberdade e pola natureza que representa o mar, e que mellor que a Costa da Morte, onde tantas historias e lendas teñen acontecido, e que configuran a maxía de tan misterioso e impresionante lugar. Conmoveume especialmente a túa historia porque creo que viches alí en Camelle o que moitos galegos vemos no mar e na nósa terra, o que antes describin, pero coa particularidade de que tí eres de ben lonxe, de Alemaña, e aínda así o sentiches, demostrando a profundidade que tiña que conter a túa personalidade. Agora no 2014, por desgracia, moita xente da miña idade (18 anos), non coñece nin posiblemente coñecerá a túa historia de amor cunha terra e coa natureza e beleza que ti viches nela, porque nos institutos non se conta, e por desgracia no mundo de hoxe en día, tan competitivo, electrónico, duro e unidimensional deixase moi pouco espacio para os sentimentos e a reflexión, e para admirar (aínda que sexa por fotos) o encantamento da túa obra, onde as tan sinuosas figuras de rochas representan ,seguramente, animais mariños ou costeiros, ou formas divertidas que construían as ondas cando rompían contra a costa ó largo de todos os anos que ti viviches naquela casiña. Pero teño a esperanza de que aínda exista xente coma min e, xunto coas persoas da asociación de Man, sigan a divulgar a túa obra, que foi nin máis nin menos que a expresión do que sentías naquel entorno tan privilexiado; pero tamén para defendela, daqueles corvos que se chaman políticos, para que o pouco que queda siga en pé, e a man do home non arrase esa expresión de pureza humana, pois como ben ti dixheches, o home pode estar tan guiado pola codicia a a avaricia que pode chegar a destruír o seu propio fogar, por iso supoño que non quixeches que limpasen o teu museo do chapapote, para que a xente que visitase o museo se decatase diso. Para rematar Man, só che teño que dicir grazas, grazas por permitirnos poder admirar o que fixeches naquelas rochas costeiras, por que para min representan que ó home aínda lle queda alma coa que poder ver máis alá do material, e poder vivir da natureza, beleza e da pureza, termos tan usados neste escrito pero que son os que mellor describen á túa obra; e tamén grazas por ensinarnos a través da túa historia que se pode ser igual de feliz ou incluso máis, vivindo do máis simple e do entorno, porque no mundo de hoxe en día iso parece imposible. Por todo isto, grazas. PD: A todos os que lean este escrito decataránse de que lle falo a Man en presente. Fálolle en presente porque aínda que non esté en corpo neste mundo terrenal a súa alma sempre estará aquí entre todos os que o recordamos e na súa obra e na súa casa de Camelle, porque a súa obra foi a súa particular expresión da súa vida, do seu pensamentos, dos seus sentimentos e, ó fin o cabo, da súa alma, e porque aínda que faga 12 anos que morreu, á xente coma min ,que acabamos de coñecer a súa historia e a súa obra, séguenos sorprendendo e ensinándonos cousas novas, descoñecidas e que nos fan mellores, porque recórdanos que o sentido da vida é vivir para o que nos faga felices, e no seu caso era o mar e expresar a beleza que el vía e sentía a través do seu artwe. Por iso, como ben di na páxina web da asociación de Man, hai mortos que están moi vivos!!! E el o seguirá estando por moito tempo. Adicado para todos os que pensan e sinten distinto, coma min.
05-06-2014 · [ MARIA VICTORIA VARELA ]
Foi o Prestige, pero, non nos enganemos, tería sido calquera enfermidade ou o tempo o que matase ao noso amado Man, e as autoridades, a máquina de mandar seguiría sendo o monstruo sen sangue que é ahora, e todo acontecería como está a acontecer. Dun querido home que xa non está dixéronme dunha vegada que "era demasiado bó para seguir entre nós". O mesmo penso de Man e agora teño que empezar a pensalo tamén dos seus frutos, que se van unindo a el aos poucos.
30-04-2014 · [ nenos e nenas de 5ºA do colexio Filomena Dato ]
Gustounos moito a súa historia e foi unha pena que por culpa do prstige morrera e se destruíra a súa casa. Nós manteremos na memoria esta historia.
25-03-2014 · [ Koldo ]
Sin palabras. A ti, MAN, gracias. A los demás... a los culpables de todo... ojalá algún día se los trague el mar.
24-02-2014 · [ cameliagris ]
Este fin de semana visitei a zoa de muxia e camariñas, e non podía deixar pasar a oportunidade de visitar camelle e o famoso museo de man , cal foi a miña decepcion o atoparme con tal deixadez e abandono, como os últimos temporais agravaron o mal estado deste peculiar museo e como ainda despois de tantos anos se nota a pegada do prestige o cal fixo morrer de pena a man. A todalas autoridades o concello e a xunta deberialle caer a cara de vergoña polo estado en q teñen ese lugar tan especial en moi poco tempo non quedara nada da obra do alemán, espero q ainda non sexa tarde e poñan remedio .
08-02-2014 · [ Carlos Hernández ]
No conocía la historia de Man. Acabo de visitar lo que queda de su museo en medio de un enorme temporal. Pese al abandono sufrido por las autoridades, el lugar desprende una energía enorme que no debe perderse. El legado de Man, su compromiso con la naturaleza y su forma de vivir y de morir deben perdurar para siempre.
28-11-2013 · [ Juan Baptista ]
Estoy terriblemente impresionado cómo es posible que diez años después estemos peor. Si Man viviese en cualquier otro pais europeo ahora mismo todo el mundo conocería su obra. saludos y mucho ánimo.
01-07-2013 · [ Sesi ]
Quienes tuvimos la suerte de conocerle no le olvidaremos nunca.Ni a èl ni a su obra.Verguenza para el concello de Camelle que le echò el diente al dinero y dejò morir su obra. Pero la recuperaremos entre todos.Este es el comienzo. Siempre en mi corazon Man.
Engadir mensaxe








Hemeroteca