CAIÓN
Onde o mar de Bergantiños comeza
Sobre a Costa da Morte
 
 
 
 
Pequeno porto pesqueiro e parroquia situada na entrada de Bergantiños, Caión orienta a súa economía e atractivos naturais
cara ao próximo núcleo urbano da Coruña.
 
Porto marítimo nas terras de Laracha 

A típica vila mariñeira de Caión foi citada polo Licenciado Molina na súa Descripción del Reyno de Galicia no séc.XVI como importante porto baleeiro do país : na pequena enseada do peirao descargábanse os corpos dos cetáceos, dos que se aproveitaban o seu aceite e os seus ósos. 

O Atlántico bate de seguido ao pé das casas desta parroquia que conserva vestixios arquitectónicos da súa anterga importancia : a blasonada Casa do Conde do Graxal, e mais a igrexa prateresca de San Xurxo e os restos do convento de Santo Agostiño, fundado no séc.XVI por Fernando Bermúdez de Castro. 

Os numerosos areais espallados polas costas do porto de Caión son punto de encontro turístico estival : as praias do Caracoleiro e de Barrañán contan con condicións favorables para a práctica do surf, e encóntrase tamén nas inmediacións o fermoso espacio natural de Baldaio. Con motivos non tan lúdicos, a capela de Nosa Señora dos Milagres reúne a devotos de toda a comarca na tradicional e piadosa romaría celebrada cada mes de setembro. Caión é o lugar de peregrinación por excelencia de Bergantiños. 

A proximidade da vila da Coruña condiciona a economía das terras de Laracha, de grande actividade e producción agropecuaria, abastecedora dos mercados da grande cidade do Arco Ártabro. Na feira de Paiosaco concéntrase igualmente grande parte das transaccións do sector primario da comarca, especialmente de Culleredo, Cerceda e Carballo. Son productos de sona destas terras a cebola de Caión, de gran calidade e longa conservación, e mais as deliciosas cereixas de Paiosaco. 

Para saberes máis sobre Caión :  
Concello de Laracha : Praza Xeralísimo / 981 60 50 01  

Onde comer: 
Restaurante Finisterre