| Conxunto
Histórico-Artístico de Muros
Muros
é unha das vilas medievais mellor conservadas de Galicia.
A arquitectura civil é sobardada polas construccións
relixiosas, lembranza da dependencia desta cidade da Mitra Compostelana
:
Igrexa
de San Pedro, primitiva igrexa parroquial do séc.X, consérvase
a capela maior, que contén detalles interesantes.
Antiga
Colexiata de Santa María e actual Igrexa Parroquial
de San Pedro de Muros, na que predomina o estilo oxival sobre
os restos románicos do séc.XII. Consérvanse
sartegos dos séc.XV e XVI. A Colexiata foi creada en 1504
por bula do Papa Alexandre IV a petición de Diego
de Muros, co fin de evitar o pago de dezmos á Igrexa compostelá.
Capela
do Espírito Santo, de estilo gótico rural, sita
entre Muros e Louro. A tradición conta que a imaxe que se
encontra no interior atopouse nunha praia, e que o carro
que a transportaba quebrou nese lugar, sinalando o emprazamento
da futura capela.
Ermida
de Nosa Señora das Neves, construcción do séc.XVIII
onde se encontra unha fonte santa á que acoden os romeiros
para curar diversas doenzas.
Santuario
da Virxe do Camiño, construido por volta do séc.XVI.
No interior encóntrase unha pila de mármore branco
doada por uns mariños no 1557, unha reproducción dunha
fragata pendurada do teito, e máis uns interesantes exvotos,
algúns con curiosas representacións gráficas
narrando diversas aventuras como a fuxida do ataque dos piratas
berberiscos gracias á intervención da Virxe. A tradición
conta que a imaxe titular foi achada nunha das praias de Muros.
Hospital
de Lazarados, adosado ao Santuario da Virxe do Camiño,
de fundación descoñecida, anque aparece citado en
documentos de 1421 e 1490.
Outras
construccións de gran interese son igualmente o Hospital
da Trinidade ou de San Pedro, fundado por Diego de Muros en
1418 ; a Capela de San Marcos, sita no homónimo monte,
datada de 1480 ; a Capela de Santa Isabel, cun belo cruceiro
; a Capela de Nosa Señora das Angustias, fundada en
1665 por un matrimonio doante ; a Igrexa de San Xosé,
erixida en 1727 ; a Ermida de San Roque, reedificada en 1765
sobre a anterior construcción ; e finalmente a Igrexa
da Virxe do Carme, do ano 1767.
Para
saberes máis sobre Muros :
Concello de Muros : Curro da Praza / 981
82 60 50
|