| Rio
Xallas, paradiso da pesca
As
terras de Mazaricos toman o nome destas desconfiadas aves limícolas
de corpo pardo cincento e talla mediana, caracterizadas polo longo
peteiro curvo e polas súas altas patas.
Mazarico,
pico, pico,
quen che deu tan longo pico ?
Deumo Deus e os meus pecadiños,
pra repinicar nos carballiños.
Mazaricos
é unha terra pouco poboada, de lugares pequenos
e dispersos, sendo os núcleos máis importantes
os de A Picota, Pino de Val e Asenso. Estas
relaxantes e calmas paisaxes, frondosas paraxes xalleiras, son ideais
para os deportes de caza e pesca.
As limpas
augas dos ríos que verdescen prados e montes de Mazaricos
gardan abondancia de troitas e reos, especialmente
no Argos, Beba, e no propio Xallas, que procedente de Santa
Comba descende caudaloso cara terras de Dumbría.
Os encoros de Santa Uxía, Olveiroa e Fervanza permiten igualmente
a práctica de deportes náuticos.
|