| Gastronomía
e arquitectura popular
Ponte-Ceso
é célebre polo seu bó xantar : sonlle
pratos reputados as angulas, a lamprea, o percebe de Corme, e a
faba de Trabe, ofrecidas aos visitantes en correspondentes celebracións
gastronómicas. A vila acolle asemade outras festividades,
relixiosas como a Barquiña ou o Carme, ou deportivas como
a concentración internacional de motos, celebrada desde hai
10 agostos en Balarés.
As
terras de Ponte-Ceso dan conta dunha abondante e rica arquitectura
civil e relixiosa. No tocante á primeira, compre subliñar
o Pazo de Amarelle en Nemeño, o lugar do Couto, o Pazo de
Pondal, e a nova ponte de 1846, que viu substituir á antiga,
como lembra unha doazón do Rei Fernando II en 1175 referíndose
ao flumen de Cesso (o río Anllóns recibe un
nome diferente dependendo do seu treito : Ceso, Anllóns,
Grande e Carballo).
Na arquitectura
relixiosa, destacan as igrexas de San Fins de Anllóns e de
San Tiso de Cospindo. A igrexa de San Martiño de Cores ten
unha porta románica do séc.XII, e a de San Vicencio
da Graña conserva algunhas pedras do antigo mosteiro céltigo
de Almerezo, fundado por San Rosendo no ano 867.
Para
saberes máis de Ponteceso :
Concello de Ponteceso : Concello, 18 /
981 71 40 00
Onde
comer, durmir e pasalo ben:
Hostal
Teyma
|